A batalla do Atlántico, termo acuñado polo primeiro ministro británico Winston Churchill, foi a campaña militar máis longa da segunda guerra mundial,Blair 1996, p xxxiWoodman 2004, p 1 comezando en 1939 e rematando coa derrota de Alemaña en 1945. A principal causa do seu comezo foi o bloqueo naval por parte dos aliados de Alemaña, anunciado ao día seguinte da declaración de guerra, e o conseguinte contra-bloqueo alemán. Estivo no seu apoxeo dende mediados de 1940 ata finais de 1943. A batalla do Atlántico enfrontou aos U-Boots e outros buques de guerra da Kriegsmarine (Mariña alemá) e os avións da Luftwaffe (Forza aérea alemá) contra a Royal Canadian Navy, Royal Navy, e a mariña mercante aliada. Os convois, procedentes sobre todo de América do Norte e que tiñan como destino principalmente Reino Unido e a Unión Soviética, foron protexidos, na súa maior parte, polas forzas navais e aéreas británicas e canadenses. Estas forzas recibiron a axuda de buques e avións dos Estados Unidos a partir do 13 de setembro de 1941.Carney, Robert B., Admiral, USN. "Comment and Discussion" United States Naval Institute Proceedings Xaneiro de 1976, p.74. Aos alemáns uníronselle os submarinos da Regia Marina (Armada Real Italiana) despois da entrada de Italia na guerra, o 10 de xuño de 1940.

Ao tratarse dunha illa, o Reino Unido dependía moito das súas importacións. O país necesitaba máis dun millón de toneladas de diverso material importado por semana para ser capaz de sobrevivir e loitar. En resumo, a batalla do Atlántico foi unha guerra de tonelaxe: a loita dos Aliados por abastecer Gran Bretaña e o intento do Eixo de deter o fluxo de mercancías que lle permitían aos británicos seguir loitando. A partir de 1942, os alemáns tamén tentaron evitar que se acumularan subministracións e equipos aliados nas illas británicas, para preparar a invasión da Europa ocupada. A derrota dos U-Boots era un requisito previo para facer retroceder aos alemáns. Winston Churchill afirmou a posteriori:Costello & Hughes, p.210.

A batalla experimentou importantes cambios de intensidade, pero, a partir de 1943, a situación situación púxose a favor dos Aliados, que conseguiron gañar a guerra, grazas por un lado ao control da zona, debido á súa gran superioridade de medios, e tamén a que contrarrestaron con eficacia ás forzas xermanas, coa utilización de instrumentos coma o radar e o sonar e co emprego de novas estratexias, tales como o uso de barcos patrulla, portaavións de escolta e avións de alcance longo. Os convois de submarinos da Kriegsmarine, despois dun inicio favorábel, pouco a pouco comezaron a sufrir graves perdas, ata a derrota final.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Buckley, John. The RAF and Trade Defence, 1919-1945: Constant Endeavour. Ryburn Publishing. 1995. ISBN 1-85331-069-7 Buckley, John. Air Power in the Age of Total War. UCL Press. 1998. ISBN 1-85728-589-1. Blair, Clay, Jr. Hitler's U-Boat War: The Hunters 1939-1942 Cassel & Co. 1996. ISBN 0-304-35260-8 Blair, Clay, Jr. Hitler's U-Boat War: The Hunted 1942-1945. Cassel & Co. 1996. ISBN 0-304-35261-6 Blair, Clay, Jr. Silent Victory. Nova York: Bantam, 1976.

Costello, John, & Hughes, Terry. The Battle of the Atlantic. Londres: Collins. 1977. Hendrie, Andrew. The Cinderella Service: RAF Coastal Command 1939-1945. Pen & Sword Aviation. 2006. ISBN 978-1-84415-346-6. Ireland, Bernard. Battle of the Atlantic. Barnsley, UK: Pen & Sword Books. 2003. ISBN 1-84415-001-1. Kohnen, David. “Tombstone of Victory: Tracking the U-505 From German Commerce Raider to American War Memorial, 1944-1954” in The Journal of America’s Military Past (Winter 2007). Kohnen, David. Commanders Winn and Knowles: Winning the U-boat War with Intelligence, 1939-1943 (Enigma Press, 1999). Kohnen, David. “F-21 and F-211: A Fresh Look into the Secret Room” in Randy C. Bolano and Craig L. Symonds, ed., New Sources in Naval History: Selected Papers from the Fourteenth Naval History Symposium (Naval Institute, 2001). Levine, Alan J. "Was World War II a near-run thing?" in Loyd E Lee, ed. World War II; crucible of the contemporary world (1991) Roskill, S.W., The War at Sea, volumes I-III (2º parte). Londres: HMSO, 1954–61. van der Vat, Dan. The Atlantic Campaign. 1988 ISBN 0-340-37751-8

Outros artigos Lista de U-Boot afundidos fronte a Galicia na Batalla do Atlántico

Ligazóns externas U-Boat histories & Fates 1945 (en inglés) The Royal Naval Patrol Service (en inglés) 70 aniversario da Batalla do Atlántico (en inglés)

Categoría:Batallas navais da segunda guerra mundial Categoría:1939 Categoría:1940 Categoría:1941 Categoría:1942 Categoría:1943 Categoría:1944 Categoría:1945 Categoría:Batallas do século XX