A hidroxilisina (Hyl) é un aminoácido coa fórmula molecular C6H14N2O3. É un aminoácido non proteinoxénico, é dicir, non está codificado no código xenético, pero orixínase nas proteínas por modificación postraducional da lisina. Foi descuberto en 1921 por Donald Van Slyke en forma de 5-hidroxilisina. Aparece principalmente formando parte da proteína coláxeno.Hydroxylysine at University of Oulu e doutras proteínas animais con dominios de coláxeno. O grao de hidroxilación dos residuos de lisina no coláxeno depende do tipo de coláxeno de que se trate; no coláxeno tipo III o 17% das lisinas están hidroxiladas, no tipo IV o 90% e no VI o 80%.USCN Life Science Hydroxylysine
Biosintetízase a partir da lisina por medio dunha oxidación realizada por encimas lisil hidroxilases. A forma máis común é o estereoisómero 5R, cun grupo OH no carbono 5, que se encontra no coláxeno. Porén, atopouse recentemente que a proteína nuclear do xene JMJD6 (jumonji domain-containing 6 protein) é unha lisil hidroxilase que modifica un factor de splicing do ARN, que produce o estereoisómero 5SWebby CJ, Wolf A, Gromak N, Dreger M, Kramer H, Kessler B, Nielsen ML, Schmitz C, Butler DS, Yates JR 3rd, Delahunty CM, Hahn P, Lengeling A, Mann M, Proudfoot NJ, Schofield CJ, Böttger A. Jmjd6 catalyses lysyl-hydroxylation of U2AF65, a protein associated with RNA splicing. Science. 2009 Jul 3;325(5936):90-3. doi: 10.1126/science.1175865. PMID 19574390. . Ademais, en E. coli, identificouse polo menos un encima lisina N-hidroxilase, denominado IucD.
Os grupos hidroxilo da hidroxilisina no coláxeno estabilizan enlaces intra e intermoleculares e serven de punto de unión de carbohidratos.
Unha das causas da síndrome de Ehlers-Danlos é unha deficiencia en hidroxilisina.GTR. NCBI resources. Ehlers-Danlos syndrome, hydroxylysine-deficient.Sussman M, Lichtenstein JR, Nigra TP, Martin GR, McKusick VA. Hydroxylysine-deficient skin collagen in a patient with a form of the Ehlers-Danlos syndrome. J Bone Joint Surg Am. 1974 Sep;56(6):1228-34. PMID 4373475.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pirrolisina Lisina Hidroxiprolina
Ligazóns externas MeshName - Hydroxylysine
Categoría:Aminoácidos