Iámblico de Calcis (en latín Iamblichus, en grego Ἰάμβλιχος) (c. 245 - c. 325) foi un famoso filósofo neoplatónico nado en Calcis na Celesiria, posíbel descendente do escritor do mesmo nome (ver Iámblico de Babilonia).
Traxectoria Foi discípulo de Anatolio e de Porfirio e estudou a Platón e Pitágoras e a filosofía caldea e exipcia. Da súa vida só se sabe que cada ano facía unha excursión ás fontes de Gadara. Morreu durante o reinado de Constantino I o Grande, probabelmente antes do ano 333.
Obra Escribiu un bo número de obras, das que poucas se conservaron. As súas obras principais son: Περὶ Πυθαγόρου αἱρέσεως, tratado onde lista os pitagóricos con cinco libros titulados: Περὶ τοῦ Πυθαγορικοῦ βίου. Προτρεπτικοὶ λόγοι εἰς φιλοσοφίαν. Περὶ κοινῆς μαθηματικῆς ἐπιστήμης. Περὶ τῆς Νικομάχου ἀριθμητικῆς εἰσαγωγῆς. Δεολογούμενα τῆς ἀριθμητικῆς. Περὶ μυστηρίων, Περὶ ψυχῆς, Περὶ τῆς τελειοτάτης Χαλκιδαϊκῆς φιλοσοφίας.
Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Nados en 245 Categoría:Finados en 325