miniatura|Ovos de Ixobrychus minutus. A galguiñeira común (Ixobrychus minutus ou Botaurus minutus) é unha ave da familia das garzas (Ardeidae).
Morfoloxía e Hábitos Trátase dunha ave de pequeno tamaño: cunha lonxitude de 35 cm e un peso de 140 gramos. A súa envergadura é entre 49–58 cm. O pescozo é groso e os dedos son longos e verdes. Píleo e as ás dorsais son de cor negra. As cobertoiras son de cor amárelas ocre semellante á parte inferior do corpo da mesma cor. A femia é máis acastañada e ten manchas marróns pola parte superior do corpo. En caso de perigo adoita unha posición de alarma. Os seus hábitats predilectos son ás zonas de desembocaduras que contan con matogueiras densas e espesas. É moi activo á noite e aliméntase de peixes pequenos, batracios e insectos de auga. No día adoita durmir comunalmente.
Reprodución A reprodución faina durante o verán, dos meses de maio a xullo. Os ovos son chocados durante 16-19 días. Os polos voas ás 7-9 días. O niño está situado entre as matogueiras.
Distribución Durante a época de cría localízase en toda Europa, excepto Escandinavia, Illas Británicas e a Cordilleira Cantábrica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Bibliografía Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a.
Categoría:Ardeidos Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Aves de Galicia