Alfonso Fernández Mañueco, nado en Salamanca en 1965, é un político español, militante do Partido Popular. É licenciado en Dereito e Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica de Salamanca. Durante dous anos exerceu como pasante nun despacho de avogados. Entre 2011 e 2018 foi alcalde de Salamanca, como xa fora seu pai Marcelo Fernández Nieto de 1969 a 1971. Dende o 12 de xuño de 2019 é presidente da Xunta de Castela e León.
Carreira política
En 1985 fundou a primeira asociación de estudantes de Castela e León (AEUS). En 1993 foi elixido Secretario Xeral do Partido Popular de Salamanca. Elixido concelleiro do concello de Salamanca en 1995 e en 1999. Deputado Provincial por Salamanca nas lexislaturas 1995/1999. Vicepresidente Primeiro da Deputación Provincial de Salamanca O 12 de xullo de 1996 foi elixido Presidente da Deputación de Salamanca, cargo que ocupou até marzo de 2001. O 19 de marzo de 2001 foi nomeado Conselleiro de Presidencia da Xunta de Castela e León. En abril de 2002 é elixido Secretario Rexional do Partido Popular de Castela e León. Conselleiro da Presidencia da Xunta de Castela e León. Nomeado en xullo del 2007, Conselleiro de Interior e Xustiza da Xunta de Castela e León. Nomeado Presidente do Comité Nacional de Dereitos e Garantías polo Congreso Nacional do Partido Popular, onde tamén interviu na redacción dun dos relatorios. Nomeado o 11 de xuño de 2011 alcalde de Salamanca.
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alcaldes de Salamanca Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Conselleiros da Xunta de Castela e León Categoría:Presidentes da Xunta de Castela e León