Xavier Malián Crosas, máis coñecido como Xavi Malián, nado en Sant Hipòlit de Voltregà (provincia de Barcelona) o 5 de setembro de 1989, é un xogador catalán de hóckey a patíns que xoga de porteiro. Dende a tempada 2019-20 xoga no FC Porto.

Traxectoria Xavi Malián comezou no equipo da súa cidade natal, o Club Patí Voltregà, club co que gañou 3 campionatos de España nas categorías alevín, infantil e xuvenil, e co que debutou na OK Liga. Na tempada 2009-10 asinou polo Club Patín Cerceda galego, equipo que debutaba na OK Liga. Logo do descenso do equipo cercedense, daquela vencellado ao HC Liceo da Coruña, Malián fichou por este último. Co equipo coruñés gañou dúas Copas de Europa de xeito consecutivo, unha Copa Continental e outra Intercontinental, así como a OK Liga de 2013. Deixou o club ao remate da tempada 2018-19, pasando a ser xogador do FC Porto.

Xavier Malián ten xogado na selección española dende que xogaba en categorías inferiores, tendo gañado tres títulos coa mesma en distintas categorías.

Equipos CP Voltregà: ata o 2009 CP Cerceda: tempada 2009-2010 HC Liceo: 2010 ata 2019 FC Porto: 2019 ata agora

Palmarés HC Liceo 2 Copas de Europa: 2011, 2012 1 Copa Continental: 2012 1 Copa Intercontinental: 2012 1 OK Liga: 2013

Selección española 1 Europeo Xuvenil: 2007 1 Mundial Sub-20: 2009 1 Copa Latina: 2010

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na web oficial do HC Liceo Xavi Malián en www.hoqueipatins.cat

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do CP Cerceda Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Sant Hipòlit de Voltregà