Luis Bazal Rodríguez, nado en Cerecinos de Campos (Zamora) o 5 de xullo de 1905 e finado en Roses o 17 de xaneiro de 1993, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria Nado en Cerecinos de Campos onde exercía como médico o seu pai. A familia trasladouse a Madrid e cando morreu o pai, asentouse en Verín. Luis Bazal fíxose mestre e iniciou a súa actividade profesional en 1933 na escola de Correchouso (Laza). Xunto con Losada, Celso Blanco e Perdiz acabaron coa hexemonía da UGT e implantaron a CNT en Verín (1933). Detido en outubro de 1934, cando era mestre en Correchouso, permaneceu preso dous meses e foi trasladado a Pidre (Solbeira de Limia) como represalia pola súa participación nos movementos sindicais dos carrilanos. Durante o curso 1935/36 foi destinado a San Mamede de Palmés, nesa escola distinguiuse polo seu papel de dinamizador dos movementos asociativos entre veciños e labregos, militou na FAI local e organizou a CNT, ademais de formar parte da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO).

Ao producirse golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 intentou opoñerse, e batidos os republicanos botouse ao monte canda a súa muller. Foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Logo de esconderse en Ourense e Verín, na casa da súa nai, pasou a fronteira portuguesa. Botou un tempo preso no Forte de São Neutel en Chaves, e despois embarcou desde Lisboa cara a Tarragona, onde chegou o 13 de outubro. Pasou un tempo no sanatorio de La Rabassada e despois marcha cara a Madrid, mais ao estar a cidade cercada polas tropas franquistas, marcha a Cidade Real. Despois incorporouse na columna Roja y Negra de Valencia para ir loitar á fronte, mais finalmente ingresou nas Escolas de Guerra de Paterna. Renuncia ao posto e alístase en Valencia na columna Iberia, mais tras desacordos cos mandos marcha ao Internado Durruti e aproba oposicións para entrar a dar clase na academia de Artillaría. O 20 de febreiro de 1938 dirixiuse á fronte de Teruel, entrando como oficial de enlace na 46ª División. A comezos de novembro, xa de volta na súa unidade, a fronte retrocede cara a Lleida, onde pasan a Noiteboa. Desde Granollers cruza a fronteira francesa por Le Perthus o 9 de febreiro de 1939.

Pasou polos campos de concentración de Argelès-sur-Mer e Brem, e foi obrigado a alistarse nas compañías de traballo que o levaron á Alemaña nazi. Rematada a segunda guerra mundial, vaia a Tolosa, onde traballa de panadeiro, repartidor de xornais e prateiro e retomou contacto co anarcosindicalismo. Despois traballou como lector de lingua castelá en institutos de Bêzier, Villefranche de Laureguer e Tolosa. Colaborou na prensa afín e escribiu libros de poesía, novelas e ensaios. Colaborou en Cenit (1965) e Solidaridad Obrera de Galicia.

En maio de 1977 regresou a España, vivindo un ano en Barcelona e outro en Roses (provincia de Xirona).

Obras Vasos de lagrimas (Tolosa, Francia, 1957), poemas. Rebeldías (Tolosa, Francia,1965), poemas. ¡Ay de los vencidos! Testimonio de la guerra de España (Tolosa, Francia, 1966). Segunda edición co título Ave Cesar. Testimonio de la guerra civil española (Bilbao, Anceo, 1981). Dialogo de los ociosos. El duro pan del exilio. ¿Para siempre? Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes