Os mamíferos (en ) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguense doutros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o maxilar inferior (tamén chamado dentario), por presentaren tres ósos medios na cadea de ósos do oído, por teren os dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido, polo seu neocórtex e pola produción de leite das femias para alimentar as súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a temperatura corporal e o sistema circulatorio, incluído o corazón. Os mamíferos abranguen os animais máis grandes do planeta, as baleas rorcuais, así como os máis intelixentes ou con maior capacidade cognitiva; como son os elefantes, algúns primates e cetáceos. Anatomicamente, o corpo é de catro patas adaptadas aos medios terrestres, mais algúns mamíferos están adaptados á vida mariña, arbórea, no aire ou sobre dúas pernas. O grupo máis grande de mamíferos, os placentarios teñen placenta e alimentan as crías despois do remate do empreñe. O tamaño dos mamíferos vai de tan só 30 ou 40 milímetros a 33 metros de longo.
A ciencia que estuda os mamíferos denomínase terioloxía.
Os mamíferos apareceron a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5 400 especies, entre as que está o ser humano.
Características A principal característica, que alude ó nome da clase, é a presenza de glándulas mamarias nas femias de tódalas especies. Estas glándulas segregan leite para alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.
Outros caracteres son a simplificación esquelética do cranio e da mandíbula inferior (un só óso, chamado dentario) con dentes moi especializados, a presenza dun padal secundario, a aparición dos cóndilos occipitais para a articulación do cranio coa columna vertebral, a cadea de osiños do oído, que permiten a transmisión do son, un olfacto moi desenvolvido, a maior complexidade do cerebro, a aparición dun diafragma muscular para separar a cavidade torácica da abdominal, e para rematar, o revestimento de pelos que presenta toda a superficie do corpo.
Pel esquerda|miniatura|Pel humana. A pel, xeralmente espesa, está formada por unha capa exterior ou epiderme, unha capa profunda ou derme e un estrato subcutáneo repleto de graxa que lle serve de protección contra as perdas de calor, xa que os mamíferos son animais homeotermos.
Os pelos orixínanse na epiderme e neles pódese distinguir unha parte saínte ou talo e outra parte oculta na pel ou raíz; esta raíz é máis grosa na súa parte inferior formando o bulbo pilífero. A raíz está protexida por unha especie de vaíña, de orixe epidérmica, que recibe o nome do folículo, e no que desembocan as glándulas sebáceas que lubrican o pelo. No folículo implántanse o músculo horripilador, que é o responsable do levantamento vertical do mesmo. Nos mamíferos de vida acuática e nos que viven en climas tropicais, os pelos adoitan reducirse en número e tamaño e, ás veces, desaparecen no estado adulto.
Na pel, ademais dos pelos, implántanse as glándulas mamarias e as glándulas sudoríparas, que segregan, a través de poros da epiderme, un líquido composto por substancias tóxicas para o organismo (suor).
Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as unllas, cornos e o pico (no caso do ornitorrinco).
Aparello locomotor O aparello locomotor é o conxunto de sistemas e tecidos que posibilitan o mantemento do corpo do animal e o seu movemento. Está formado polo sistema óseo, o sistema muscular e o sistema articular.
Sistema óseo miniatura|dereita|333px|Comparativa entre o esqueleto dun león e un humano O sistema óseo está formado polo esqueleto, no que se poden distinguir: O esqueleto axial, do que forman parte: A cabeza, co cranio e a mandíbula. No cranio e na mandíbula implántase unha dentición, permanente ao chegar ao estado adulto. A maioría dos mamíferos posúen dentes de catro tipos distintos: incisivos, que serven para cortar, caninos, que son máis afiados e utilízanse para desgarrar, premolares, planos e destinados a esmagar os alimentos, e molares, de estrutura moi semellante aos anteriores, pero máis anchos. No tronco sitúase a columna vertebral, composta de vértebras que levan distinto nome segundo a rexión onde se atopan: cervicais, torácicas, lumbares, sacras e caudais ou coccíxeas. Nalgunhas especies as vértebras da rexión caudal están moi reducidas. Nas vértebras torácicas articúlanse as costelas A caixa torácica, situada tamén no tronco, formada polo esterno e as costelas. O esqueleto apendicular, cuxos elementos son: A cintura escapular, formada pola clavícula e as omoplatas ou escápulas. A cintura pelviana co ilio, o isquion e a pube. As extremidades, que son basicamente de tipo quiridio, pero adoitan sufrir modificacións acordes ao modo de desprazamento de cada especie. Así, nos mamíferos acuáticos transfórmanse en aletas para nadar e nos morcegos os dedos das extremidades anteriores alónganse moito e permanecen unidos por unha ancha membrana ou pataxio. Nos mamíferos terrestres tamén se producen lixeiras variacións, dependendo da parte da extremidade que se apoie ao andar: os que apoian todo o pé denomínanse plantígrados; os que apoian os dedos, dixitígrados, e os que unicamente tocan o chan coas últimas falanxes, ungulados. As extremidades clasifícanse en anteriores (úmero, cúbito, radio, carpos, metacarpos e falanxes), e posteriores (fémur, rótula, tibia, peroné, tarsos, metatarsos e falanxes).
Ademais existen outras formacións óseas como o óso hioide (sostén da lingua), os ósos do oído medio, o baculum dalgúns carnívoros e mesmo os ósos cardíacos dalgúns bóvidos nos que osifica a cartilaxe cardíaca.
Aparello dixestivo miniatura|dereita|Aparello dixestivo Está formado por unha boca, con dentes, beizos e lingua, na cal desembocan as glándulas salivares; unha farinxe curta; un esófago que atravesa o diafragma; un estómago en forma de saco e no que desembocan as glándulas gástricas; un intestino delgado moi longo, dividido en tres partes (duodeno, xexuno e íleo) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o cego (moi desenvolvido en herbívoros), o groso e o recto, que desemboca ao exterior polo ano.
Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o fígado, moi voluminoso e provisto dunha vesícula biliar, e o páncreas, que verte a súa secreción no duodeno.
Aparello respiratorio miniatura|esquerda|Aparello respiratorio A respiración é de tipo pulmonar e lévase a cabo por dous pulmóns, libres na cavidade pleural, e que se ramifican en bronquios, bronquíolos e alvéolos pulmonares.
Aparello circulatorio miniatura|dereita|Aparello circulatorio, carótide A circulación é dobre e completa. O corazón está dividido en dúas aurículas e dous ventrículos, levando a parte dereita sangue venoso e a esquerda arterial. Ademais, existe unha complicada rede de vasos venosos e arteriais que chegan a tódalas partes do organismo.
Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante rede linfática.
Sistema nervioso O encéfalo acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios cerebrais. O cerebelo tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.
A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de memoria e, ás veces, de intelixencia.
Reprodución En tódolos mamíferos preséntanse os sexos separados e a reprodución é de tipo vivípara, agás no grupo dos monotremas, que é ovípara.
O desenvolvemento do embrión vai acompañado da formación dunha serie de anexos embrionarios, como son o corion, amnio, alantoide e o saco vitelino. As peluxes do corion, xunto co alantoide, únense á parede do útero e dan lugar á placenta. Esta permanece unida ao embrión polo cordón umbilical, e é a través del por onde pasan a substancias nutritivas da nai ao feto e as substancias de refugo do feto á nai.
O período de xestación e o número de crías por camada varían moito segundo os grupos. Normalmente, canto maior é o tamaño do animal, máis longo é o período de xestación e menor o número de crías. A maior parte dos mamíferos proporcionan aos seus fillos coidados paternais.
Comportamento
Comunicación e vocalización miniatura|O mono verde usa polo menos catro chamadas de alarma distintas para diferentes depredadores. esquerda|miniatura|Candorca chamando e ocasionalmente emitindo algún son de ecolocación. Moitos mamíferos comunícanse por vocalización. A comunicación vocal serve para moitos propósitos, por exemplo nos rituais de aparellamento, como sinal de alarma, para indicar fontes de comida, e por razóns sociais. Os machos chaman frecuentemente para atraer ás femias e para advertir a outros machos, como fan os leóns e os cervos cos seus ruxidos. Os cantos do xibardo deben de ser sinais ás femias; tendo diferentes dialectos en distintas rexións do océano. As vocalizacións sociais inclúen as chamadas territoriais dos xibóns, e o uso da frecuencia por parte dos morcegos de nariz laceolada para distinguirse doutros grupos. O mono verde dá distintos tipos de alarma para, polo menos, catro tipos diferentes de depredadores, e a reacción doutros monos varía de acordo á chamada. Por exemplo, se o sinal de alarma e dunha pitón, os monos soben ás árbores, mentres que se a alarma é dunha aguia, fai que o mono busque un lugar no chan onde agocharse. Dun xeito similar, os cans das pradeiras teñen un complexo sistema de chamadas que indican o tipo, o tamaño e a velocidade de aproximación dun depredador. Os elefantes comunícanse socialmente mediante unha ampla variedade de sons que inclúen bufidos, berros, sons de trompa, ruxidos e murmurios. Algúns destes últimos son chamadas infrasónicas, por debaixo do rango audible dos humanos, e poden ser oídas por outros elefantes a máis de 10 km nas horas próximas ao amencer e ó solpor.
Clasificación dos mamíferos Os primeiros mamíferos apareceron na Terra a finais do período Triásico, hai uns 210 millóns de anos, e desenvolvéronse durante a era Terciaria. Nos máis primitivos aínda se atopan afinidades cos réptiles.
Taxonomía Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais: Subclase Prototheria: con reprodución ovípara e as glándulas mamarias aínda non desenvolvidas por completo; 4 especies en 3 xéneros, 2 familias e 1 orde, a dos Monotremata. Subclase Theria: os mamíferos non ovíparos; subdivídense en dúas infraclases: Infraclase Metatheria (ou Marsupialia): reprodución vivípara, pero sen placenta ou con ela moi reducida; 270 especies, 77 xéneros, 16 familias, 1 orde. Infraclase Eutheria (ou Placentalia): xa con produción vivípara placentaria e coas glándulas mamarias plenamente desenvolvidas; 4.000 especies, 970 xéneros, 112 familias, 18 ordes.
Ordes Segundo a obra máis aceptada actualmente polos teriólogos, o Mammal Species of the World, a clase comprende as seguintes ordes:<ref>Wilson & Reeder (2005): [http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp Mammal Species of the World].</ref> Clase Mammalia Subclase Prototheria Orde Monotremata Subclase Theria Infraclase Marsupialia Magnorde Ameridelphia Orde Didelphimorphia Orde Paucituberculata Magnorde Australidelphia Orde Microbiotheria Orde Notoryctemorphia Orde Dasyuromorphia Orde Peramelemorphia Orde Diprotodontia Infraclase Placentalia Superorde Afrotheria Orde Tubulidentata Orde Sirenia Orde Afrosoricida Orde Macroscelidea Orde Hyracoidea Orde Proboscidea Superorde Xenarthra Orde Cingulata Orde Pilosa Superorde Euarchontoglires Orde Scandentia Orde Dermoptera Orde Primates Orde Rodentia Orde Lagomorpha Superorde Laurasiatheria Orde Erinaceomorpha Orde Soricomorpha Orde Chiroptera Orde Pholidota Orde Carnivora