A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da Península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.

Xeografía miniatura|300px|A Coruña por Francisco Coello, 1865. miniatura|Cantís en Santo André de Teixido, no concello de Cedeira. A provincia ten unha superficie de 7.950 km².

Pódese acceder a ela por estrada pola autovía A-6, procedente de Lugo, Castela e León e Madrid, pola autoestrada AP-9, que une a capital da provincia con Ferrol e Santiago de Compostela, prolongándose ata as cidades de Pontevedra e Vigo, ambas na provincia de Pontevedra. Tamén se pode acceder á provincia coa autovía AG-64 procedente de Vilalba (na Terra Chá, Lugo), onde enlaza coa A-8 que se prolonga ata Asturias, Cantabria e o País Vasco.

Por ferrocarril, son catro as liñas que chegan. Tres delas son de RENFE: Dúas veñen de Castela e León. Unha vén de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une Vigo coa Coruña. Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol estación á que tamén chega RENFE.

Por aire, son dúas as portas de entrada: o aeroporto da Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, e o aeroporto de Alvedro, xunto á cidade da Coruña.

Por mar, os dous principais portos son o porto da Coruña e o porto de Ferrol; ambos reciben habitualmente buques de pasaxeiros.

Ríos miniatura|Fervenza do Ézaro. miniatura|Fragas do Eume. Os principais ríos da provincia son: Río Acheiro Río Anduriña Río Anllóns Río Arteixo Río Barcés Río Baxoi Río Belelle Río Bermaña Río Bolaños Río Brexa Río Eume Río Mandeo Río Mera Río Grande de Xuvia Río da Ponte ou do Porto Río Sar Río Tambre Río Ulla Río Xallas.

Rías e praias miniatura|Ría de Arousa As principais rías da provincia son: Ría de Ares Ría da Coruña Ría de Betanzos Ría de Camariñas Ría de Cedeira Ría de Corme e Laxe Ría de Corcubión Ría de Ferrol Ría de Muros e Noia Ría de Ortigueira Ría do Barqueiro que a separa da provincia de Lugo Ría de Arousa que a separa da provincia de Pontevedra

A provincia da Coruña ten 49 praias con bandeira azul das 128 que hai en toda GalizaLa provincia de A Coruña recibe 49 banderas azules en sus playas laopinioncoruna.es.

Clima A provincia ten un clima oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A choivas son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10 °C e de 20 °C en verán.

Poboación

Segundo o IGE, en 2020 vivían na provincia da Coruña 1 121 815 persoas, das que 411 012 o facían nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol).

{|style="background:Ivory; border: 1px solid gray; align=top;" |- Comarcas e concellos da provincia da Coruñacenter|550px Comarca da Coruña - Comarca de Santiago - Comarca de Ferrol - Comarca de Bergantiños - Comarca do Barbanza - Comarca de Betanzos - Comarca de Ordes - Comarca de Noia - Comarca do Eume - Comarca de Fisterra - Comarca da Terra de Soneira - Comarca de Arzúa - Comarca do Sar - Comarca do Xallas - Comarca de Muros - Comarca do Ortegal - Comarca da Terra de Melide - Comarca da BarcalaConcellos máis poboados (2020) #ConcelloPoboación1ª25px A Coruña 247.6042ª 25px Santiago de Compostela97.8483ª 25px Ferrol65.5604ª 25px Narón39.0565ª 25px Oleiros36.5346ª 25px Arteixo32.7387ª 25px Ames32.1048ª 25px Carballo31.4299ª 25px Culleredo30.68510ª 25px Ribeira26.84811ª 25px Cambre24.594

Durante todo o século XX a poboación da provincia non deixou de medrar manténdose dende finais do século XX e no prinicio do XXI superando o millón de habitantes.

Patrimonio miniatura|Catedral de Santiago. As maiores atraccións culturais e turísticas da provincia son a Catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules ambos monumentos declarados patrimonio da humanidade pola Unesco.

Algúns dos museos da provincia da Coruña: Museo do Pobo Galego Cidade da Cultura Arquivo do Reino de Galicia Museo Naval de Ferrol Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón Aquarium Finisterrae Casa Museo Rosalía de Castro

Universidades Na provincia hai dúas universidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, amais dos centros asociados da UNED.

Economía centro|700px|miniatura|Obras, Porto Exterior da Coruña abril 2009.

Na provincia da Coruña teñen a súa sede as seguintes empresas: Inditex Navantia Abanca Central térmica das Pontes Grupo Calvo Hijos de Rivera (Estrella Galicia) La Voz de Galicia Televés Gadisa Megasa Grupo Losán

Enerxía Entre os concellos de Arteixo e A Coruña está a única refinaría que hai en Galiza. A Refinaría da Coruña de Repsol ten capacidade para refinar 180.000 barrís diarios. Na provincia hai máis dun xiga vatio de potencia enerxética en parques eólicos. Hai dúas centrais térmicas de carbón para producir electricidade. Unha é a Central térmica das Pontes con 1.400 mega vatios de potencia e a outra a Central térmica de Meirama de 563 mega vatios, as dúas queimando carbón de importación. Á capacidade eléctrica súmase nos últimos anos dúas plantas de ciclo combinado (gas-vapor). Unha nas Pontes con 800 mega vatios de potencia e outra en Sabón de 400 mega vatios xunto á térmica de fuel oil de 480 mega vatios. Na ría de Ferrol está a planta regasificadora de Reganosa. Súmase a potencia hidráulica dos encoros da provincia.

Portos e aeroportos A provincia ten dous aeroportos, o Aeroporto da Lavacolla e o de Alvedro. Entre os portos destacan o Porto da Coruña e o de Ferrol.

Concellos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Deputación da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

Categoría:Provincia da Coruña Coruña