Manuel Oliveira Viqueira, nado en Trobe (Vedra) en 1870 e finado en Buenos Aires en 1949, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Emigrado á Arxentina, foi membro das comisións directivas de distintas sociedades de Teo e impulsou e dirixiu El Eco de Teo. Consistiu en 1923 a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e participou na súa refundación en 1925, pasando a dirixir o seu voceiro A Fouce. Tamén colaborou en Céltiga. En maio de 1929 creou con Antón Zapata García e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.
Véxase tamén Ligazóns externas A emigración en Vedra A poesía galega de Antón Zapata García
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Xornalistas de Vedra Categoría:Nados en Vedra Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1949