O Partido Xudicial de Ribadeo mantivo a súa existencia até finais do século XX. O Partido Xudicial con capital en Ribadeo limitaba co Partido Xudicial da Fonsagrada e o Partido Xudicial de Mondoñedo, así como con Asturias, e abranguía 39 parroquias pertencentes aos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada e mais as parroquias de Vilameá e Viloudriz (na actualidade pertencentes ao concello da Pontenova). Tiña unha superficie de 499,1 km².
Segundo o censo de 1920, tiña 6.784 entidades e albergues, con 23.730 habitantes de feito e 25.631 de dereito.
Véxase tamén Bibliografía Datos obtidos na maioría dunha antiga enciclopedia de 1926.
Categoría:Ribadeo