Nightfall in Middle-Earth é o oitavo álbum oficial do grupo alemán Blind Guardian. Editado e publicado en 1998, consta de 22 temas que versan sobor da obra póstuma de Tolkien O Silmarillion. Así, o tema central da mesma é a caída da noite na Terra Media, que constitúe non só unha metáfora coma a fin dun tempo de beatitude e paz na Terra Media Tolkeniana, senón que é o núcleo central da propia historia: os Silmarils son xoias creadas a partir das árbores que iluminanran nun tempo a Terra Media; cando estas foron destruídas, os derradeiros vestixios desa luz son os que están atrapados nesas xoias creadas por Fëanor, o que as converte en obxectivo de Melkor.
No disco, Blind Guardian utiliza todo un arsenal de liñas melódicas, acompañamentos e coros, para recrear dalgunha maneira as liñas mestras do libro. Así, a cancións espídicas tal como a Maldición de Mandos (The Curse of Fëanor: A maldición de Feanor; Mandos maldí a Fëanor e a súa familia por atacar e asasinar os seus propios parentes para saír en persecución de Melkor) ou A Canción da Pena (The Sorrow Song) atopan o seu contrapunto en cancións de liñas moito máis lentas (Noldor, The Eldar). Para maior efecticismo, entre as cancións intercalan pequenas pasaxes instrumentais, breves composicións ou simplemente algún texto dalgún personaxe.
En canto ás temáticas do disco, case que exclusivamente se cingue á maldición e a impotencia ante a mesma, que antes ou despois deriva en resignación (The Eldar).
Cabe subliñar tamén que o álbum non segue necesariamente a mesma orde cronolóxica có libro.
Detalles
Producido por Blind Guardian. Mesturado por Flemming Rasmussen nos Sweet Silence Studios, Copenhagen (Danmark). Mesturado dos interludios por Charlie Bauerfeind nos Sweet Silence Studios. Estudios de Gravación: Twilight Hall Studios, Krefeld / Karo Studios, Brackel / Sweet Silence Studios, Copenhagen entre setembro de 1997 e marzal de 1998, salvo o piano, gravado nos Vox Studios, HH en xaneiro de 1998, e as narracións, gravadas nos Air edel- Studios, Londres. Pinturas de Portada e da historia: Andreas Marschall. Fotografías de Thorsten Eichhorst.
Partícipes
Compañía do coro: Billy King, Rolf Köhler, Thomas Hackmann e Olaf Senkbeil. Músicos convidados: Oliver Holzwarth (baixo e baixo sen trastes), Mathias Wiesner (teclados e efectos orquestrais), Michael Schüren (piano de cola), Max Zelzner (frauta e frautín) Narradores: Norman Eshley e Douglas Fielding.
Contido
01: 1:50 : War of Wrath 02: 4:24 : Into the Storm 03: 0:28 : Lammoth 04: 5:34 : Nightfall 05: 0:32 : The Minstrel 06: 5:41 : The Curse of Fëanor 07: 0:26 : Captured 08: 5:23 : Blood Tears 09: 5:07 : Mirror Mirror 10: 0:24 : Face the Truth 11: 6:51 : Noldor (Dead Winter Reigns) 12: 0:44 : Battle of Sudden Flame 13: 4:53 : Time Stands Still (at the Iron Hill) 14: 0:23 : The Dark Elf 15: 6:18 : Thorn 16: 3:39 : The Eldar 17: 0:33 : Nom the Wise 18: 4:25 : When Sorrow Sang 19: 0:44 : Out on the Water 20: 0:21 : The Steadfast 21: 6:01 : A Dark Passage 22: 0:48 : Final Chapter (Thus Ends...)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Web Oficial de Blind Guardian
Categoría:Álbums de Blind Guardian Categoría:Álbums musicais de 1998