Os Estados Confederados de América (en ), tamén chamados a Confederación e Estados Confederados, foi un Estado formado polos once estados meridionais dos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Como a súa existencia nunca foi recoñecida no plano internacional, a súa fronteira setentrional é incerta, pero ao leste limitaba co océano Atlántico e ao sur tiña fronteira con México e o golfo homónimo. O goberno confederado reclamaba un territorio de 1 995 392 km² e unha poboación de 9 103 332 habitantes, dos cales 3 521 110 eran escravos, segundo o censo de 1860.
Sete estados proclamaron a súa secesión dos Estados Unidos antes de que Abraham Lincoln fose investido presidente, catro máis fixeron o mesmo despois de que a guerra civil dos Estados Unidos comezase coa batalla de Fort Sumter. Os Estados Unidos de América ("a Unión") sostivo que a secesión era ilegal e negou o recoñecemento á Confederación. Aínda que os gobernos europeos non recoñeceron oficialmente a creación desta Confederación, o Reino Unido vendeu buques de guerra e abasteceunos de subministracións por intereses comerciais.
Cando Robert E. Lee e outros xenerais confederados se renderon na primavera de 1865, a Confederación colapsouse, finalizando a guerra sen unha posterior guerra de guerrillas. Seguidamente, produciuse un proceso, bautizado como a Reconstrución, que durou máis dunha década, e que dotou os escravos liberados de dereitos civís e dereito ao voto, expulsando os líderes da derrotada Confederación dos seus cargos, e readmitindo aos estados a súa representación no Congreso de forma permanente.
Historia Causas da secesión
Segundo a opinión xeneralizada dos historiadores, dúas foron as causas fundamentais da secesión William Seward to Charles Francis Adams, April 10, 1861 in Marion Mills Miller, (ed.) Life And Works Of Abraham Lincoln (1907) Vol 6. Por unha banda, a intención dos republicanos de restrinxir, ata eliminar, o escravismo. Doutra banda, as grandes limitacións de poder político que tiñan os estados da Unión, sobre todo en relación á propiedade dos escravos. Estas foron as causas fundamentais que alentaron aos estados do Sur a separarse da Unión.
Algúns líderes relixiosos do sur enarboraban nos seus sermóns as causas da secesión. Benjamin M. Palmer (1818-1902), pastor da principal Igrexa Presbiteriana de Nova Orleáns, exclamaba o seu apoio á secesión nun sermón do Día de Acción de Grazas en 1860, argumentando que os brancos do Sur tiñan o dereito e a obrigación de manter a escravitude en prol dunha autoprotección económica e social. Tamén, para actuar como "gardiáns" dos "afectuosos e leais" aínda que "desamparados" negros, para salvagardar os seus intereses económicos, e para actuar como defensores da relixión contra o "ateísmo" abolicionista. Este sermón foi amplamente difundido a través dos templos relixiosos.
No que máis tarde veu ser coñecido como o "discurso da pedra angular", o vicepresidente da Confederación Alexander Stephens, declarou que a "pedra angular" do novo goberno, e no que se apoiaba, "era a gran verdade de que o negro non é igual ao home branco, esta escravitude, subordinación a unha raza superior, é a súa natural e normal condición. O noso novo goberno, é o primeiro, na historia do mundo, baseado sobre esta gran verdade física, filosófica e moral". Catro dos estados separados, os estados do Deep South (Sur profundo), Carolina do Sur, Mississippi, Xeorxia, e Texas, fixeron declaracións formais das súas motivacións onde identificaron a ameaza sobre os dereitos dos posuidores de escravos como a causa maior da secesión. Xeorxia, adicionalmente, denunciou unha política federal que favorecía os intereses económicos do norte fronte aos do sur.
En contraste a isto, o Presidente dos Estados Confederados Jefferson Davis non fixo referencia explícita ningunha á escravitude no seu discurso de investidura, no seu lugar acentuou a importancia dos dereitos dos estados para implantaren as súas propias políticas, en detrimento dun goberno federal, como a razón fundamental da secesión.Discurso de envestidura de Jefferson Davis .
O Vicepresidente da Confederación, Alexander Stephens, declarou que a nova Constitución eliminaba as tarifas e a cláusula de comercio (Commerce Clause, artigo da Constitución que outorgaba a exclusividade ao Goberno federal de comerciar con Estados estranxeiros), quitando, deste xeito, poder ao Congreso para regular calquera aspecto comercial. Stephens cría que un novo país tería unha clara delimitación entre as responsabilidades federais e estatais, e levou a unha posición similar a esta a Carolina do Sur durante a "Crise da Anulación" (Nullification Crise) onde mantiña que o Goberno federal non debía pagar as construcións e infraestruturas internas dos estados.
Estados secesionados 300px|miniatura|Mapa político dos Estados Confederados de América Sete estados separáronse antes de febreiro de 1861:
Carolina do Sur (20 de decembro de 1860). Mississippi (9 de xaneiro de 1861). Florida (10 de xaneiro de 1861). Alabama (11 de xaneiro de 1861). Xeorxia (19 de xaneiro de 1861). Luisiana (26 de xaneiro de 1861). Texas (1 de febreiro de 1861).
Despois de que Lincoln chamara a tropas, catro estados máis secesionáronse:
Virxinia (17 de abril de 1861), esta decisión provocou a división de Virxinia en dous estados, Virxinia e Virxinia Occidental. Esta última permanecería fiel á Unión. Arcansas (6 de maio de 1861). Carolina do Norte (20 de maio de 1861). Tennessee (8 de xuño de 1861).O poder lexislativo de Tennessee ratificou o acordo de entrada no exército dos Estados Confederados o 7 de maio de 1861. Os votantes de Tennessee aprobaron dito acordo o 8 de xuño de 1861.
Dous estados máis estaban controlados por gobernos que apoiaban a Unión, pero existiron grupos a favor da Confederación que proclamaron a secesión. A Conferederación admitiunos como estados membros aínda que nunca foron controlados pola mesma. Estes dous estados foron os seguintes:
Missouri, un grupo reclamou a escisión o 31 de outubro de 1861, pero esta non se realizou de forma efectiva.Os políticos prol Confederación trataron de reunirse en Neosho, Missouri, e entón sacar fóra da Unión ao estado de forma íntegra. Kentucky, tampouco chegou a producirse unha secesión efectiva, aínda que un grupo non electo proclamouna o 20 de novembro de 1861.
Ambos os dous estados permitiron a escravitude e tiñan condados onde tiña moita influencia o pensamento unionista e o confederado, ata existían varios escravistas que eran favorables á Unión.
Alzamento e caída da Confederación A guerra civil estadounidense estalou en abril de 1861 coa batalla de Fort Sumter en Charleston, Carolina do Sur. As tropas federais dos Estados Unidos retiráronse a Fort Sumter pouco despois de que Carolina do Sur declarase a súa secesión. O presidente en funcións da Unión, James Buchanan, tentara aprovisionar as forzas de Sumter, enviando a Estrela do Oeste, pero as forzas confederadas abriron fogo sobre a nave, afastándoa do seu destino. Cando Abraham Lincoln chegou á presidencia tamén intentou enviar subministracións a Sumter. Lincoln notificou ao gobernador de Carolina do Sur, Francis W. Pickens, que "se realizará un intento para abastecer Fort Sumter exclusivamente con provisións, e se non hai resistencia, non se fará ningún intento para levar homes, armas, ou munición sen aviso previo, [excepto] no caso dun ataque ao forte". En resposta, o gabinete da Confederación decide nunha reunión en Montgomery abrir fogo contra Fort Sumter nun intento de forzalo a renderse antes de que chegase a frota. O 12 de abril de 1861, as tropas confederadas, seguindo ordes de Davis e a súa Secretaría de Guerra, abriron fogo sobre as tropas federais forzando a entrega do forte para ocupalo.
Logo da Batalla de Fort Sumter, Lincoln insta aos restantes estados da Unión a que enviasen tropas para recuperar Sumter, ademais doutros fortes e establecementos aduaneiros no sur e que os confederados reclamaran, algúns deles pola forza. Proclamación de Lincoln instando ás tropas aos restantes estados da Unión (ao final da páxina) e detalles do Departamento de Guerra dos Estados Unidos (ao principio da páxina). Esta petición foi realizada antes de que o Congreso tivese competencias acerca desta materia e o requirimento foi realizado polo Departamento de Guerra. Os voluntarios foron chamados unicamente para un período de tres meses. A esixencia de tropas de Lincoln deu lugar a que catro estados máis votasen a súa secesión, preferindo isto antes que achegar tropas á Unión. Virxinia, Arcansas, Tennessee e Carolina do Norte separáronse facendo un total de once estados na Confederación. Unha vez que Virxinia se integrase nos Estados Confederados, a capital foi trasladada desde Montgomery (Alabama) a Richmond (Virxinia). Se exceptuamos unhas poucas batallas, tódalas demais tiveron lugar no territorio confederado. Alexander H. Stephens asegurou que a tentativa de Lincoln de reabastecer Sumter provocara a guerra. Vol. 2, páx. 36. Arquivo en formato PDF (75 Mb, en inglés)
Kentucky foi un estado fronteirizo durante a guerra civil e, durante un tempo, tivo dous gobernos, un que defendía a causa da Confederación e outro que defendía a da Unión. O goberno orixinal permaneceu apoiando á Unión, tras un curto período de tempo na neutralidade, pero unha facción rival ao goberno dese estado proclamou a integración nos Estados Confederados de América. A pesar de todo isto, os confederados non chegaron a controlar o estado de Kentucky de forma efectiva. Unha situación máis complexa é a que acompaña a secesión de Missouri, en calquera caso, a Confederación consideraba a Missouri membro dos Estados Confederados a pesar de non controlar o territorio de devandito estado. Desta forma, o número de estados confederados poderían ser trece se contamos Kentucky e Missouri. Unha versión da bandeira confederada posterior amosaría trece estrelas, reflectindo a reclamación sobre estes dous estados.
Os gobernos das cinco tribos do Territorio Indio, que se convertería en Oklahoma en 1907, apoiaron principalmente ós Confederados, fornecendo tropas e un oficial xeral. Foi representado no Congreso dos Estados Confederados a partir de 1863 por Elias Cornelius Boudinot, por parte dos cherokees, e Samuel Benton Callahn por parte dos pobos seminole e muskoge.
Os cidadáns de La Mesilla e Tucson na parte sur do Territorio de Novo México formaron unha convención para a secesión, votaron a integración na Confederación o 16 de marzo de 1861 e designaron a Lewis Owings como novo gobernador territorial. En xullo, Mesilla requiriu ás tropas confederadas a que se desprazasen a El Paso, Texas. Estas acudiron baixo o mando do tenente coronel John Baylor e o seu obxectivo era axudar a eliminar unha división do exército da Unión que, baixo as ordes do maior Isaac Lynde, foron localizados moi preto dese lugar. Os confederados derrotaron a Linde na Batalla de Mesilla o 27 de xullo. Tras a batalla, Baylor estableceu un goberno territorial para o Territorio de Arizona controlado polos confederados e nomeouse a si mesmo gobernador. En 1862, foi lanzada unha campaña sobre Novo México baixo as ordes do xeneral Henry Hopkins Sibley para tomar a metade norte de Novo México. Aínda que os confederados ocuparon brevemente a capital territorial de Santa Fe, foron derrotados no paso de Glorietta en marzo. As tropas retiráronse e non volveron tomar Santa Fe.