, é un filme de anime de 1992 sobre un piloto italiano da primeira guerra mundial, que vive coma cazarrecompensas independente contra os "Piratas do Aire" no Mar Adriático. Disque foi vítima dunha maldición que o converteu nun porco. Outros aseguran que el mesmo maldiciuse ó remata-la Gran Guerra, farto dunha humanidade corrupta e que adoraba a guerra e o sangue. Cando coñece a Fio decátase de que aínda quedan persoas boas e puras e dalgún xeito, é capaz de anula-lo feitizo.
Foi orixinalmente pensada coma unha película para amosar en voo para as Japan Airlines, baseada no manga de Miyazaki The Age of the flying Boat (A Era dos Botes voadores), pero a produción foi ensombrecida pola guerra en Iugoslavia que acabou dándolle á película un ton máis serio.
Sinopse Porco é un cocho aviador que frustra todos os actos de piratería perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a acabar con valente e hábil aviador, póñense de acordo para contratar a un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo.
Personaxes Personaxe Actor de dobraxe Porco Rosso Shuichiro Moriyama Donald Curtis Akio Ōtsuka Madame Gina Tokiko Kato Mamma Aiuto Gang Boss Tsunehiko Kamijo Mr. Piccolo Sanshi Katsura Fio Piccolo Akemi Okamura
Galardóns e nomeamentos 1992: Mainichi Film Concours: Mellor filme de animación e mellor BSO. 1993: Festival de Annecy: Mellor longametraxe.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Porco Rosso en Nausicaa.net Sobre o manga de Miyazaki A Era dos Botes voadores Porco Rosso na IMDb
Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Debuxos animados Categoría:Filmes sobre porcos Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial Categoría:Filmes de Studio Ghibli Categoría:Filmes ambientados en 1929