A constitución apostólica Anglicanorum Coetibus do papa Bieito XVI en 2009 foi unha resposta da Santa Sé para as preocupacions e peticións con orixe tanto nas parroquias de uso anglicano da Igrexa Católica como nalgunhas igrexas anglicanas que non pertencían á Comuñón Anglicana ou en sectores anglo-católicos dentro dela, como o movemento Forward in Faith.
Este documento preveu a creación de ordinariatos persoais "erixidos pola Congregación para a Doutrina da Fe dentro dos confíns territoriais dunha determinada Conferencia Episcopal, logo de ter consultado a propia Conferencia". Os ordinariatos están xuridicamente asimilados a unha diocese, constituídos por fieis até entón pertencentes ao anglicanismo e que aceptan as ensinanzas da Igrexa.
En 2013 o papa Francisco engadiu un parágrafo ás normas que atinxen á incorporación de fieis aos ordinariatos, até entón só posible para fieis procedentes do anglicanismo. Coa nova normativa tamén se poden incorporar a eles aqueles fieis bautizados como católicos que abandonaran a fe e que volven a ela a través dos ditos ordinariatos.
Notas