Gaelscoil (; plural: Gaelscoileanna) é unha rede de escolas de ensino primario e secundario de Irlanda na que a lingua vehicular de ensinanza é o gaélico irlandés. O termo fai referencia ás escolas en irlandés que se atopan fóra das rexións de fala irlandesa, as Gaeltacht. miniatura|Sinal dunha gaelscoil en Newry, Irlanda do Norte. miniatura|Na cidade e no condado de Dublín tamén hai escolas en irlandés..
thumbnail|Pasarrúas de entroido a cargo dos alumnos da gaelscoil de Omagh. Os estudantes das Gaelscoileanna reciben o mesmo programa de estudos que nas outras escolas de Irlanda, mais aprenden a lingua irlandesa polo sistema de inmersión lingüística. Porén, os alumnos que se escolarizan en inglés teñen pouca competencia lingüística en irlandés, mesmo sendo este idioma materia obrigada en toda a República de Irlanda tanto no ensino primario como en secundaria. O actual goberno ten prometido facer reformas no programa educativo e na formación dos mestres nas escolas tanto en inglés como en irlandés.
Descrición O éxito débese a un apoio efectivo (aínda que limitado) da comunidade e a unha infraestrutura administrativa eficaz. Distínguense por ser o produto dun movemento comunitario xenuíno e non dunha política do Estado.
As Gaelscoileanna teñen experimentado unha expansión notábel nas últimas décadas, aínda que agora hai preocupación de que as normas recentes que limitan o financiamento das novas escolas poidan afectar á educación secundaria irlandesa, sobre todo cando a demanda é superior á oferta.‘Níl go leor spásanna sna Gaelscoileanna,’Colm Ó Broin, 24 June 2011, Gaelscéal: http://www.gaelsceal.ie/ Consultado o 27 de xuño de 2001
En 1972 só había 11 escolas primarias e 5 secundarias, e hoxe en día hai 172 escolas primarias e 39 secundarias. Se engadimos as escolas que se atopan en Irlanda do Norte, hai un total de 298 gaelscoileanna en primaria e 72 escolas de secundaria (gaelcholáistí)."Sobre nós" na web de Gaelscoileanna Estas escolas tiñan uns 37.800 alumnos, sen contar, uns 4.000 alumnos máis en escolas de educación infantil. Actualmente, cando menos hai unha gaelscoil e cada un dos 32 condados de Irlanda e varias nas cidades máis importantes.
Porén, aínda hai nove condados que non contan con ensino secundario en irlandés: Laois, Offaly, Leitrim, Roscommon, Cavan, Sligo, Longford, Fermanagh e Down.
Status social e función As Gaelscoileanna teñen adquirido a reputación de proporcionar uns resultados académicos excelentes cun orzamento moderado. Téñense descrito como un sistema de selección social positiva ofrecendo unha mellor formación de cara ó ensino universitario e á formación profesional. Unha análise das escolas que envían estudantes ás institucións de ensino superior amosan que o 22 % das escolas que fan ensino en irlandés envían a tódolos seus estudantes ó ensino superior, en comparación co 7 % das escolas en inglés.
Tense argumentado que o bilingüismo como resultado da adquisición temperá doutra lingua é en xeral beneficioso e axuda ós cativos a aprender unha terceira ou unha cuarta lingua. Os defensores da inmersión en irlandés ás veces fan referencia a estudos que amosan que os nenos bilingües teñen máis facilidades noutras materias que os nenos monolingües.
Escolas por provincia Ulster Munster Leinster Connacht Total Bunscoileanna (Ensino primario) 45 45 66 18 174 Meánscoileanna (Ensino secundario) 11 22 17 14 64 Hai aproximadamente uns 150.000 falantes de irlandés como lingua materna que o falan acotío; 91.825 falantes de irlandés en Irlanda, dos que máis da metade se atopan nos Gaeltachts, e o resto nas escolas de educación en irlandés das catro provincias. Segundo o censo de 2006 hai tamén 53.471 falantes fóra do sistema educativo.
Leinster Hai 39.594 falantes de irlandés; 1.299 falantes nativos no Gaeltacht de Meath e outros 19.348 que estudan nas 66 Gaelscoils e 15 Gaelcholáistí (escolas secundarias) da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 18.947 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Ulster Hai 29.199 falantes de irlandés; 14.456 falantes nativos no Gaeltacht de Donegal (entre un 30-100% da poboación é falante nativa) e outros 1.427 que viven en áreas onde a porcentaxe de falantes é menor do 30%. Tamén hai uns 5.339 que estudan nas 44 Gaelscoils e 7 Gaelcholáiste da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 7.977 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Munster Hai 34.593 falantes de irlandés; 9.737 falantes nativos nos Gaeltacht de Cork, Kerry e Waterford, e tamén 12.219 que estudan nas 45 Gaelscoils e 15 Gaelcholáiste da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 12.637 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Connacht Hai 41.910 falantes de irlandés; 18,358 falantes nativos nos Gaeltacht de Galway e Mayo (entre un 30-100% da poboación é falante nativa) e outros 5.300 viven en áreas onde a porcentaxe de falantes é menor do 30%. Tamén hai 4.265 que estudan nas 18 Gaelscoils e 3 Gaelcholáiste fóra das Gaeltacht da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 13.910 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Apertura de novos centros As autoridades educativas teñen previsto abrir 3 novos centros de secundaria para o ano 2014, Coláiste Ghlór na Mara en Balbriggan, Coláiste Deisceart Átha Cliath en Dundrum e Gaelcholáiste Charraig Uí Leighin en Carrigaline, Cork.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gaelscoil na mBeann, Cill Chaoil Gaelscoil na Camóige Gaelscoileanna Naíonraí stats Stats on Gaeltacht schools 2004 Gaeltacht Comprehensive Language Study 2007 Gaelscoil stats 2010-2011 Irish Census 2006 - Irish daily speakers outside education system
Categoría:Lingua irlandesa Categoría:Escolas Categoría:Ensino en Irlanda