miniatura|150px|ácido 1-pirrolina-5-carboxílico, un iminoácido.

En química, un iminoácido é unha molécula que contén á vez un grupo funcional imino (>C=NH) e un grupo carboxilo (-C(=O)-OH).IUPAC, Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book") (1997). Online corrected version: (2006–) "Imino acids".

Os iminoácidos están relacionados cos aminoácidos, os cales conteñen un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxilo (-COOH). Os iminoácidos e os aminoácidos difiren nos enlaces que ten o nitróxeno.

Os encimas aminoácido oxidases poden converter os aminoácidos en iminoácidos. Ademais, o precursor biosintético directo do aminoácido prolina é o iminoácido (S)-Δ1-pirrolina-5-carboxilato (P5C).

miniatura|83px|Imina (un dos grupos funcionais presentes nos iminoácidos). miniatura|112px|Ácido carboxílico (un dos grupos funcionais presentes nos iminoácidos).

Terminoloxía relacionada miniatura|100px|O aminoácido prolina.

Os aminoácidos que conteñen un grupo amina secundaria (o único aminoácido proteinoxénico deste tipo é a prolina) son ás veces denominados iminoácidos,Proline at the US National Library of Medicine Medical Subject Headings (MeSH) Proline pero este uso é disputado por outros, xa que a prolina carece do grupo >C=NH que a IUPAC considera característico dos iminoácidos.

O termo iminoácido é tamén un termo obsoleto no significado de ácidos imídicos, os cales conteñen o grupo -C(=NH)-OH, e non debería usarse con este significado segundo a IUPAC.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aminoácido

Ligazóns externas MeshName - imino+acids

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Compostos químicos