250px|miniatura|Poni islandés. miniatura|Poni trotando. Un poni, (pony en inglés ou poney en francés, probablemente todas elas procedentes da palabra francesa obsoleta poulenet, diminutivo de poulain, "poldro"), é un cabalo pequeno duns 150 cm de altura máxima ata a cruz, e un peso medio de 100 kg. É moi rústico e resistente, con formas máis ou menos masivas, perfil recto e orellas triangulares en lugar de dirixidas cara a dentro como os cabalos de maior alzada. As razas máis puras e primitivas conservan caracteres dos equinos primitivos, como raias ó longo do lombo, ou mesmo nas patas e crinas tupidas.
As razas de cabalos de pequena estatura orixinarios de Inglaterra reciben o nome xenérico inglés de ponys; deles, o Shetland (Escocia) é o máis pequerrecho, con tamaños que van dos 70 cm ós 106 cm ata a cruz. Aparentemente todos os ponis de Europa occidental pertencen ó mesmo grupo, chamado «céltico», que tamén engloba outras razas como os asturcóns, os ponis galegos, os monchinos ou os Forest.
Razas de poni Razas europeas Gran Bretaña Poni das Shetland Exmoor Forest Poni galés Dartmoor Connemara Fell Dales Highland
Península ibérica Asturcón Pottoka Poni galego Losino Monchino Garrano
Europa Central Konik Haflinger
Europa do Norte Poni dos fiordes ou Fjord Poni de Islandia
Razas africanas Poni basuto
Razas asiáticas Poni caspiano Poni kirguiz Poni chinés
Razas americanas Norteamérica Poni das Montañas Rochosas Shetland americano Poni das Américas Chincoteague Assateague Bóer Poni australiano Falabella Poni Hackney Suramérica Cabalo chilote
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Coidados e consellos para os ponis
Categoría:Cabalos