O Lorca Fútbol Club foi un club de fútbol español da cidade de Lorca (Rexión de Murcia). Fundado en 2003, desapareceu en 2022 tras refirarse da competición.

Historia O club fundouse no verán de 2003 na pedanía de La Hoya (Lorca), da man de Pedro Rosell co nome de La Hoya Deportiva. Comezou a súa traxectoria na Primeira Territorial, onde xogou catro tempadas ata que en 2007 acabou en terceira posición e consegue o ascenso a Territorial Preferente. Despois de tres anos nesta categoría, na tempada 2009-10 proclamouse campión e ascende a Terceira División.

En 2010 mudou o nome polo de La Hoya Lorca Club de Fútbol e xa superaba tanto en número de abonados coma en asistencia ao estadio o primeiro equipo da cidade, o Lorca Atlético, que xogaba en Segunda División B. Na tempada do seu debut na categoría, o equipo acabou sétimo. Na seguinte, por mor de obras de reforma no campo de Los Tollos, o equipo trasládase de xeito temporal ao Estadio Francisco Artés Carrasco. Naquela tempada o equipo acabou en cuarta posición e xogou a promoción de ascenso a Segunda B, onde superou na primeira eliminatoria o Díter Zafra pero caeu na segunda contra o Catarroja CF. A terceira tempada en Terceira comezou co traslado definitivo ao Estadio Francisco Artés Carrasco, pola probable desaparición do Lorca Atlético. Aquela tempada o equipo proclamouse campión do seu grupo e conseguiu o ascenso de categoría logo de superar ao Penya Esportiva.

Na tempada 2013-14, no seu debut en Segunda B, o equipo acabou en segunda posición e xogou o play-off de ascenso a Segunda División. Na primeira eliminatoria superou o Las Palmas Atlético pero caeu na segunda contra o CE L'Hospitalet. A seguinte tempada foi máis complicada para o equipo, que certificou a salvación na penúltima xornada e acabou no posto 13. Na tempada 2015-16, o empresario chinés e exfutbolista Xu Genbao mercou o equipo co obxectivo de ascender á división de prata do fútbol español. Naquela tempada o Lorca FC acabou na sexta posición.

Na tempada 2016-17 Xu Gembao adquiriu o 100% das accións do club e transformouse en sociedade anónima deportiva co nome de Lorca Fútbol Club S.A.D.. Malia o mal comezo de tempada, o equipo proclamouse campión do grupo 4 na penúltima xornada. O seu rival na eliminatoria de ascenso de campións foi o Albacete Balompié. O resultado no partido de ida no estadio Carlos Belmonte foi de empate a 1, mentres que na volta serviulle o empate a 0 para subir por primeira vez na súa historia á Segunda División.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón azul, medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta branco, pantalón branco, medias brancas.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 1 Tempadas en 2ª B: 5 (incluída a 2018-19) Tempadas en 3ª: 3

Historial na liga TempadaCategoríaPosto2003/041ª Territorial13º2004/051ª Territorial4º2005/061ª Territorial6º2006/071ª Territorial3º2007/08Terr. Preferente10º2008/09Terr. Preferente15º2009/10Terr. Preferente1º2010/113ª7º2011/123ª4º2012/133ª1º2013/142ªB2º2014/152ªB13º2015/162ªB6º2016/172ªB1º

Palmarés Terceira División Española (1): 2012-13 Territorial Preferente (1): 2009-10

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Lorca Categoría:Deporte en Lorca