Manuel Gómez del Valle, nado na Habana en 1906 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un xornalista, poeta e profesor galego.
Traxectoria Fillo de emigrantes galegos en Cuba, estableceuse en Ourense en 1918 onde estudou o bacharelato. Ao rematalo, volveu a Cuba onde comezou a súa actividade xornalística. Recorreu varios países americanos e foi encarcerado en Venezuela. Novamente en Galicia, foi profesor en Amoeiro e Vilamarín. Foi redactor de La Zarpa,La Zarpa, 20-3-1931, p. 2. colaborou en El Soviet, El Pueblo GallegoEl Pueblo Gallego, 2-7-1932, p. 8. e Escuela del Trabajo.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 7. Foi detido con Eduardo Villot Canal, acusados de rebelión; xulgados na Audiencia de Ourense, foron absoltos en marzo de 1933.El Pueblo Gallego, 1-4-1933, p. 10. Participou na campaña para pedir o SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia en xuño de 1936.El Pueblo Gallego, 24-6-1936, p. 2. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto ao socialista Fernando Cordón García, funcionario de aduanas en Verín, trasladouse á Gudiña para unirse a quen estivera disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense, onde igresaron na prisión o 24 de xullo.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937
Foi sometido a un consello de guerra sumarísimo que o condenou á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense, a pesar das peticións de indulto do daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios, máis tarde cardeal, que asistiu ao fusilamento. A súa nai, María del Valle Lozano, foi detida por ter pedido a conmutación da pena capital, internada no cárcere de Celanova e asasinada en Xinzo de Limia. O seu irmán, Ricardo Gómez del Valle, foi obrigado a participar na guerra como soldado do bando franquista, sendo asasinado cara ao final da mesma, trala toma de Valencia, por un falanxista.
A súa obra está dispersa en distintas publicacións. En prosa na revista Escuela del Trabajo ("Krupp 42"), a poesía (Rebeldía, Poema, Manifiesto pastoril a los niños pobres del campo etc) en Heraldo de Galicia, Cristal e Vieiros.
Recoñecementos Antón Tovar dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Buscarán a las mártires de Xinzo de Limia, asesinadas en 1937: María del Valle Lozano y Salud Torres Díaz
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Xornalistas asasinados