miniatura|Áncoras, monumento aos galeóns de Rande. miniatura|o monte na primeira fotografía coñecida de Vigo, de 1867.Garrido, Jaime (6/11/2016). "La fotografía más antigua conocida de Vigo" Faro de Vigo. O monte do Castro é un outeiro de 149 m no que nas súas abas se sitúa a cidade de Vigo. Constitúe un dos maiores parques da cidade tras o de Castrelos. Inclúe ademais dunha boa mostra de especies botánicas, diversos monumentos, unha fortaleza no cumio convertida en miradoiro, e un museo a ceo aberto do poboado castrexo, orixe da vila. Ten unha superficie total de 21 hectáreas.

Historia O monte do Castro era chamado antigamente monte Feroso ou Terroso.Parque do Castro en TurgaliciaLamas, Jorge (1/4/2009). "El Feroso da su adiós a las armas" La Voz de Galicia .

O espazo foi noutrora o lugar dun antigo poboado fortificado (castro) do que se pode apreciar hoxe unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas, con varias construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). O Castro de Vigo está datado entre os séculos II antes de Cristo ao III despois de CristoO mundo castrexo coincide coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización nos seus albores. No parque tamén se poden contemplar os restos dunha das fortificacións do século XVII que formaban parte -xunto co próximo castelo de San Sebastián e as murallas que rodeaban a cidade antiga- da estrutura defensiva de Vigo. miniatura|Vista do castro. O monte do Castro é o punto de orixe da cidade de Vigo, o lugar onde os primeiros poboadores se asentaron. Así podemos atopar restos castrexos datados do século II e III a. C. Hoxe en día aínda se conservan unhas 45 construcións pétreas na aba dereita do monte.

Na Idade Media construíuse o Castelo do Castro que coroa a cima do Castro, agora convertido en miradoiro. Nel podemos atopar o monumento dedicado ao pulo vigués e aos canteiros. En 1934 o monte foi cedido á cidade de Vigo polo Ministerio de Guerra. Decidiuse converter en parque polo que se plantaron especies arbóreas ornamentais e exóticas. Nese momento escávase o castro.

Nos primeiros anos do século XXI a escavación arqueolóxica é restaurada e convertida nun museo a ceo aberto.

Características miniatura|Cruz dos Caídos e escalinata. Vigo defínese pola inclinación das súas rúas cara ao mar, o monte do Castro (149 m) é un deses puntos elevados da cidade dende o que se olla toda a ría.

Na vertente oeste, fica o castro que dá nome ao recinto. O poboado prehistórico sorprende pola proximidade coas casas. Encóntrase parcialmente escavado con predominio das edificacións circulares. Esta parte do parque está ocupada por un amplo piñeiral.

Sen dúbida, a coroa do monte presidida pola fortaleza que se conserva íntegra é un dos puntos de maior interese. No seu perímetro encóntranse múltiples elementos da antiga construción defensiva nun espazo axardinado e dotado dunha fonte central. Dende o miradoiro hai unha boa panorámica sobre a baía.

Até esta contorna hai unha senda botánica das frondosas do parque que sinaliza o percorrido por máis de trinta especies diferentes. Esténdese principalmente polo lado meridional e o paseo Rosalía de Castro, que arrodea o centro do parque e comunica varios establecementos hostaleiros.

Ademais dos paseos, O Castro contén un gran número de instalacións de lecer urbano. Na vertente oriental ou paseo dos Cedros atópase a zona de recreo infantil denominada parque Charlie Rivel, onde se atopa unha pista de patinaxe e skate, unha pista-circuíto de bicicletas con semáforos, dous parques infantís, dúas cafetarías, un parque botánico e un pequeno encoro de parrulos.

Patrimonio natural O Castro é un magnífico parque botánico, con gran variedade de especies tanto autóctonas como foráneas. Cómpre destacarmos que o monte ficaba completamente desarborado até mediados do século XX, como amosan as fotografías antigas, especialmente da feira de gando que se celebraba onde hoxe está a praza do Rei e a casa do concello. Estaba cuberto de vexetación arbustiva atlántica empregada coma estrume: uces, queiroas, toxos e xestas.

No momento que se estudou coma parque comezaron a se plantar especies ornamentais, hoxe convertidas en destacados exemplares de piñeiros, cedros e camelias principalmente. Tamén atopamos tileiros (principalmente nos paseos), carballos, xinkgos etc.

A respecto da fauna, ademais de numerosos paxaros, en ocasións téñense visto esquíos e incluso no estío unha pequena ave rapaz nocturna chamada moucho de orellas (Otus scops ).

Patrimonio histórico artístico miniatura|Parque alta da fortaleza e miradoiro. No parque atopamos unha vintena de esculturas. Encóntrase un monumento dedicado a Curros Enríquez, un dos máximos representantes da literatura galega do século XIX; un monumento dedicado ao trobador medieval Martín Codax, así coma diferentes pezas pétreas de animais, coma un oso ou unha xirafa. Quizais o monumento máis salientábel do parque é o dedicado á batalla de Rande de 1702, un pequeno encoro con tres grandes áncoras atopadas no leito do estreito completado con cinco canóns recuperados de buques naufragados na ría. Na aba cara á praza do Rei e a avenida das Camelias áchase a polémica Cruz dos Caídos, monumento franquista en honra aos caídos durante a Guerra Civil española, coa súa grande escalinata que ascende até os pés da fortaleza. No alto da fortaleza, no medio dun encoro áchase o monumento "O Empuxe Vigués", de Camilo Nogueira Martínez (1969).

Cómpre mencionar tamén a existencia de pasadizos soterrados que comunicaban con diferentes puntos da vila no século XVII e que serviron coma punto de execucións durante a Guerra Civil Española.

Existía no alto do monte un edificio do século XX de perpiaño e ameado acaroado á fortaleza (chamado "El Castillo"), que até hai pouco fora un coñecido restaurante da cidade. Desde finais do século XX estaba en ruínas e agochaba parte da muralla. A finais de 2013 por orde do Concello de Vigo iníciase o derrubamento do edificio."El Concello inicia el derribo del antiguo restaurante El Castillo" La Voz de Galicia .

Fortaleza

O Castelo do Castro, do século XVI, formaba parte do sistema defensivo da cidade. Construíuse na Idade Media ao mesmo tempo que a Fortaleza de San Sebastián e mais a fortaleza que unía ambas as fortificacións. A fortaleza do Castro estaba formada por tres recintos amurallados. Na actualidade só se conserva o primeiro recinto e parte do segundo; o terceiro, que sería a muralla da cidade, desapareceu na súa totalidade. O primeiro recinto é a fortaleza que coroa o cumio do Castro, agora convertida en miradoiro. O segundo recinto é a fortaleza de San Sebastián, na actualidade ocupado pola praza do Rei e a casa consistorial. Atopáronse pasadizos e túneles que comunicaban os castelos entre si e coa cidade.

Ten forma poligonal e está construída en fábrica de perpiaño de granito. Áchase aberta ao público, sendo un dos lugares de máis interese do parque. Por unha banda polo miradoiro, con excelentes vistas á ría, pola outra, pola ruta botánica e os xardíns da parte alta, onde salienta a fonte e a escultura do “empuxe vigués” de Camilo Nogueira Martínez, símbolo da vila. A fortaleza atópase baixo protección de Patrimonio Histórico Español.

Poboado castrexo

O sitio está aberto á visita pública dende febreiro de 2010.

Aínda que existen accesos rodados, o principal ascenso a pé parte da Praza do Rei xunta a casa do Concello, onde ata os anos 70 se conservou o castelo de San Sebastián do que na actualidade só son visibles fragmentos da muralla. Unha longa escalinata con descansos e miradoiros propician un ascenso sen présas.

Servizos: Castro, fortaleza. Miradoiros. Xogos infantís. Rótulos botánicos (Ruta das frondosas). Merendeiros. Aparcadoiro. O parque está aberto sempre ao público de xeito gratuíto. A visita do sitio do Castro ten un horario: Horario de Inverno (outubro - abril): mércores a domingo de 11 a 13 horas polas mañás e de 16 a 18 horas polas tardes. Horario de Verán (maio - setembro): mércores a domingo de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes. Visitas guiadas gratuítas: Teléfono de información cidadá 010.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castro de Vigo Fortaleza do Castro Muralla de Vigo Parques de Vigo

Ligazóns externas Monte do Castro na páxina Web do Concello de Vigo Monte do Castrode Turgalicia.

Categoría:Parques de Vigo Categoría:O Castro de Vigo Castro