As pirámides de Gizeh en Exipto atópanse entre as máis famosas e máis antigas construcións monumentais da humanidade. Están situadas na beira occidental do val do Nilo, uns oito quilómetros ao suroeste da cidade de Gizeh formando parte da Necrópole de Gizeh. Atópanse aproximadamente a 15 km do centro da cidade do Cairo e directamente na nomeada "Avenida das Pirámides" (Sharia el-Ahram). A pirámide de Queops é a única que queda das sete marabillas do mundo antigo. Desde 1979 as pirámides de Gizeh atópanse incluídas no Patrimonio da Humanidade.
Historia da construción miniatura|O complexo das pirámides de Gizeh
Antecedentes A zona onde se sitúan as pirámides de Gizeh fora xa unha necrópole importante desde a primeira dinastía da que unha tumba do faraón Djet foi localizada ao sur da necrópole de Gizeh. Aquí escavaríanse grandes mastabas da primeira, a segunda e a terceira dinastía, tamén se atoparon restos dunha tumba da segunda dinastía na parte meridional, da época do reinado de Ninetjer o nome do cal foi descuberto nalgúns selos de xarras atopadas en dita tumba. Non se sabe ata que punto se destruíron estas tumbas anteriores durante a posterior construción da necrópole e das pirámides da cuarta dinastía.
Desde a época predinástica os enterramentos facíanse en mastabas, que consistían nunha estrutura subterránea escavada con cámaras e pasadizos que cubrían cunha estrutura externa en xeral en forma de trapecio isóscele. É sobre todo a partir do faraón Zoser e a súa pirámide de chanzos cando se empezan a construír tumbas de forma piramidal. Logo de varios intentos, algúns máis exitosos que outros, a culminación da arquitectura funeraria piramidal exipcia chega coa pirámide de Queops e as pirámides dos seus sucesores Quefrén e Micerinos.
Construción das pirámides As pirámides apareceron aproximadamente entre o 2620 a.C. e o 2500 a.C., durante a cuarta dinastía. Construíronse sobre unha meseta de rocha calcaria duns 1000 por 2000 metros, onde, a raíz da construción das pirámides, xurdiron pirámides menores, templos, cemiterios e pobos de traballadores. Cabo destacar que durante a construción das pirámides non se empregaron carros, aínda que naquela época os exipcios seguramente xa coñecían a roda.
Aliñamento das pirámides O aliñamento das pirámides en Gizeh é totalmente cardinal. A liña diagonal principal do complexo aliña as esquinas ao lado sueste das tres pirámides principais (Queóps, Quefren e Micerinos) a uns 43º do norte, seguindo o que en xeoloxía se chama dirección horizontal da formación Mokkatam ou, o que é o mesmo, unha liña perpendicular á pendente; con este aliñamento os construtores conseguiron que as bases das tres pirámides estivesen aproximadamente ao mesmo nivel. É posible que os antigos topógrafos os influíra algún outro aspecto, probablemente algún tema relixioso, é intencionada tamén a existencia dunha diagonal cara ao noroeste do Heliópole e cara ao sur-oeste, en dirección á entrada do primeiro cemiterio real en Abidos. a simetría que se observa en todo o complexo arquitectónico das pirámides de Gizeh estimulou a imaxinación en busca de significados ocultos ou misteriosos que puidesen explicar estes aliñamentos. En 1994 Robert Bauval expuxo a dedución de que a diagonal de Gizeh está relacionada cos cometas do cinto da constelación de Orión, astros que os exipcios tiñan como símbolo de Osiris;Robert Bauval. The Orion Mystery, Unlocking the Secrets of the Pyramids, 1994. ao superpoñer o mapa da constelación sobre o mapa de Gizeh, non todas as pirámides coinciden con estrelas.
Finalidade Crese que as pirámides de Gizeh construíronse para aloxar o corpo do faraón defunto.Verner, Miroslav. The Pyramids: The Mystery, Culture, and Science of Egypt's Great Monuments. Grove Press. 2001 (1997). ISBN 0-8021-3935-3 Os antigos exipcios crían que unha parte do espírito do faraón, o que chamaban ka, quedaba dentro do cadáver, polo que había que tratar os restos de xeito adecuado para que o antigo faraón puidese "levar a cabo a súa tarefa como rei dos mortos" (Duat). Propúxose que a pirámide non só serve de tumba do faraón, senón que tamén se podían almacenar os artigos que podería necesitar no máis aló, como no caso dos hipoxeos do Val dos Reis. "os antigos exipcios crían que a morte na Terra era o principio da viaxe a outro mundo. O corpo embalsamado do rei enterrábase debaixo ou dentro da pirámide para protexelo e para permitir que se transformase e ascendese á vida logo da morte."
A Gran Pirámide (Pirámide de Queops)
miniatura|Pirámide de Queops A pirámide de Queops, tamén coñecida como pirámide Khufu ou pirámide de Gizeh -Khufu é o nome exipcio deste faraón, mentres Χεωψ (Queops) é o mesmo nome helenizado -coñecida como a gran pirámide, é a máis grande das tres pirámides de Gizeh. Foi construída polo faraón Queops da dinastía IV, que gobernou durante uns 23 anos. O seu nome antigo era "a pirámide que é o lugar do sorriso e do atardecer". Ao seu lado edificáronse as pirámides de Quefrén e Micerino. Na Grecia helenística a Gran Pirámide de Queops foi mencionada por Antípatro de Sídon como unha das Sete marabillas do mundo.
A pirámide de Queops tiña orixinalmente 146,6 metros de altura (na actualidade ten 137,2 metros), os lados teñen de media 230,3 metros e teñen unha inclinación de 51 ° 52 '. Utilizáronse uns 3 millóns de bloques de pedra para construíla, o peso medio dos cales rolda as dúas toneladas e media, e estaba completamente forrada con bloques de pedra calcaria. No interior atopamos a gran galería, que ten 8,5 metros de altura e 47 metros de lonxitude. O mestre de obra foi Hemiunu quen dirixiu a construción. Ao final da gran galería atópase a cámara funeraria do faraón. Dentro aínda se atopan os restos do sarcófago de granito. Ademais esta a nomeada como cuarto da raíña e a primeira cámara funeraria, subterránea. No lado oriental da pirámide están os restos do templo mortuorio e da rúa do faraón. O Templo do Val está enterrado baixo a cidade moderna. Ao sueste do templo mortuorio están as mastabas dúas raíñas Hetepheres I, Meritetis e Henutsen. Dentro do museo da barca solar, no lado sur da pirámide de Queops, exponse unha gran barca funeraria que se atopou desmontada, desenterrouse en 1954 e volveuse a montar. Dentro do complexo funerario da pirámide tamén hai tres pirámides menores de raíñas e unha pirámide de culto.
Xeometría e arte A altura central (apotema) de calquera triángulo lateral relaciónase coa metade da base segundo o coeficiente proporcional da sección áurea. Para os exipcios esta figura foi de vital importancia. Os seus campos debían ser inspeccionados anualmente debido ás inundacións do Nilo e este triángulo servíalles como instrumento de medida. A Gran Pirámide foi unha tumba real e ao mesmo tempo un gran calendario, para medir o ano coa exactitude dun telescopio moderno.
A superficie do conxunto era de 98.000 m² e o volume de 2.500.000 m³. A pirámide estaba construída 44 m por encima do nivel normal do río Nilo. Está construída cuns 2.300.000 bloques de pedra de máis de dúas toneladas cada un. Os bloques utilizados para a cámara do faraón eran de granito das canteiras de Asuán e chegaban a pesar ata 40 toneladas. A súa entrada era o norte. Existe un cuarto inacabado 35 m por baixo da pirámide, a cámara da raíña está no extremo da gran galería. A cámara real é de 43 m de altura e está recuberta de granito rosa e contén o sarcófago do faraón cuxa momia desaparecera. O templo está na parte oriental con dúas fosas que permitían ás barcas sagradas facer a viaxe celestial. Unha barca sagrada de 43 m de longo e 6 de ancho atopouse en 1954 perfectamente conservada. Aínda que só se conservan as tres pirámides, en realidade a pirámide exipcia era o centro dun gran complexo arquitectónico formado por varios elementos: un templo, unha rampla que ía do templo ao túmulo funerario, e separadamente da propia pirámide, unha serie de almacéns e edificios. Á fronte desta pequena vila había un alcalde.
A construción iniciouse cando Queops subiu ao trono e durou uns vinte anos; Heródoto di que traballaron nela cen mil homes, pero as estimacións máis modernas consideran que se puido facer cuns vinte mil traballadores.
A pirámide de Quefrén
miniatura|Pirámide de Quefrén.
A pirámide que queda no medio é a do faraón Quefrén quen reinou aproximadamente do 2.558 a.C. ao 2532 a.C.. A Pirámide de Quefren tiña orixinalmente 143.5 metros (na actualidade ten 136.4), a base mide 215.25 metros e o ángulo de inclinación é de 52° 20'. Do mesmo xeito que a Pirámide de Queops, foi completamente recuberta con lousas de pedra calcaria. A primeira vista parece máis grande que a Gran Pirámide, dado que se atopa construída nunha localización máis elevada (por este motivo os profanos confúndena a miúdo coa Gran Pirámide), pero aínda que o seu vértice conserva o recubrimento calcario, en realidade é 3 metros máis pequena (136 metros, por 139 a de Queops).
A 400 metros de distancia, unha calzada decorada con relevos leva desde o templo do val, o Templo da Esfinxe e a Esfinxe de Gizeh cara ao templo funerario e a pirámide en si. O Templo do Val é de 45 por 45 metros, e 18 metros de altura. As gretas no chan de alabastro indican a localización dunhas 23 antigas figuras do faraón de tamaño natural feitas de alabastro, lousa e diorita. Ao sur da pirámide atópanse os restos dunha pequena pirámide de culto.
Ao norte do Templo do Val e da calzada de Quefren está a escultura da Esfinxe, de 73 metros de longo, que se esculpiu na rocha que fai baixada. A fronte da esfinxe está cuberto por un pano real coa Uraeus, a Estela do Soño do faraón Tutmosis IV ( dinastía XVIII), que foi restaurada, está situada entre as patas dianteiras.
En 1817 o exiptólogo Giovanni Caviglia non puido entrar na pirámide pero en 1818 conseguiuno o exiptólogo Giovanni Belzoni, que descubriu a entrada superior e investigou as partes subterráneas. En 1837 foi estudada por Perring. Mariette fixo as escavacións na zona en 1853. Petrie traballou nela tamén. A primeira escavación sistemática moderna non se faría ata finais de 1909-1910 polos alemáns Ernst von Siegler e Uvo Hölscher. Nos anos trinta traballou alí Hassan e máis tarde Lehner e Zahi Hawass.
O Templo do Val é un dos mellor conservados do antigo imperio. Limpado en 1869 da area que o cubría, serviu de localización de cerimonia para a apertura do canle de Suez. A área foi limpada outra vez por Zahi Hawass en 1995, o que permitiu concretar máis a súa estrutura. As calzadas conectaban dúas entradas separadas coa canle do Nilo; cada entrada tiña unha esfinxe; a entrada do norte estaba dedicada á deusa Bastet e a do sur ao deus Hator. O templo era de estrutura cadrada e servía como entrada ao conxunto do complexo funerario. O templo tiña 24 estatuas do faraón unha delas era máis grande e feita de diorita e alabastro.
A gran calzada estaba probablemente cuberta de pedra e no exterior de granito probablemente decorado. A calzada chegaba ao templo mortuorio cerca do final da parte sur da súa fachada.
O templo mortuorio non tocaba á pirámide da que estaba separada por un muro. Era rectangular e con paredes de pedra fina; o interior era de granito; tiña cinco capelas con estatuas, almacéns e unha sala de ofrendas. Unha antecámara era adornada por unha parella de piars de granito rosa. Outras cámaras son consideradas de lecer e o resto como zona de culto. Na sala que seguía á antecámara había 12 piars; seguía logo o patio que seguramente tiña un altar no medio. Unha porta ao oeste comunicaba con cinco capelas que orixinalmente contiñan estatuas do faraón; un corredor levaba á sala de ofrendas ao suroeste; unhas escaleiras ao nordeste levaban a un socalco e outro corredor ao recinto da pirámide.
Aínda que todos os edificios foron saqueados antigamente atopáronse restos de cinco barcas fora do templo mortuorio, dous ao norte do templo e tres ao sur.