Durante a tempada 2012–13 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 42ª campaña na máxima categoría), logrando o 19º posto ao remate do campionato e descendendo a Segunda División.

Resumo da tempada Decembro O 30 de decembro o presidente Lendoiro anunciou a destitución de José Luis Oltra como adestrador do primeiro equipo, debido aos malos resultados (2 vitorias, 6 empates e 9 derrotas). Ao día seguinte anunciouse o seu substituto, o portugués Domingos Paciência. O técnico chegou da man do representante Jorge Mendes.

Febreiro O 11 de febreiro anunciouse que Domingos Paciência cesaba como adestrador do primeiro equipo, logo dunha vitoria, un empate e 4 derrotas. Esa mesma tarde anunciouse o seu substituto, o galego Fernando Vázquez.

Material deportivo O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e o patrocinador foi Estrella Galicia.

Xogadores Xogadores ao remate da campaña.http://www.footballsquads.co.uk/spain/2012-2013/laliga/lacoruna.htm

Deixaron o club durante a tempada

Clasificación

Partidos

Pretempada

Primeira División

Copa do Rei

1/16 de final

Notas

2012