Aquilino Sánchez Rodríguez, nado en Oseira (San Cristovo de Cea) en 1874 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un perito agrícola e político galego.

Traxectoria Perito agrícola destinado no concello de Maside. Propagandista agrario, fundou e dirixiu o periódico La Torre de Maside en 1921. Durante a Segunda República militou no Partido Radical, pasando despois a Izquierda Republicana, foi concelleiro do Carballiño e foi elixido alcalde do Carballiño o 19 de abril de 1936, logo da dimisión de Felisindo Álvarez Xesteira para facerse cargo da presidencia da Deputación de Ourense.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo e trasladado cara Ourense o 2 de agosto en compañía de Joaquín Losada Filgueira. Chegados á prisión provincial incorporóuselles Francisco Paradela Núñez e os tres foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en proceso incoado o 15 de setembro por adhesión á rebelión, foi absolto. Foi asasinado o 1 de novembro en Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Fructuoso Manrique Martín e Eligio Núñez Muñoz.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Unha placa recorda ao último alcalde republicano carballiñés, La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes