Gavutu é un pequeno illote na Provincia Central das Illas Salomón, cuns 500 metros de longo. É unha das Illas Florida.

Xunto coa veciña illa de Tanambogo, desempeñou un papel importante na campaña de Guadalcanal durante a segunda guerra mundial. En 1942, os xaponeses trataron de establecer unha base aérea na illa. Entre o 7 e o 9 de agosto de 1942 na Batalla de Tulagi e Gavutu-Tanambogo, os elementos do 2º Rexemento dos Marines dos Estados Unidos asaltaron e ocuparon a illa.

Notas

Categoría:Illas das Salomón