Jacques-Lucien Monod, nado en París o 9 de febreiro de 1910 e finado en Cannes, Francia, o 31 de maio de 1976, foi un biólogo e bioquímico francés do Instituto Pasteur de París, galardoado en 1965 co premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
Traxectoria Naceu o 9 de febreiro de 1910 na cidade de París. Despois de pasar a súa infancia no sur de Francia, o ano 1928 volveu a París para iniciar os seus estudos superiores de ciencias naturais na Sorbona, onde se doutorou o ano 1941.
Jacques Monod foi resistente durante a segunda guerra mundial, como o seu medio irmán Philippe Monod.
Despois de traballar no Instituto Tecnolóxico de California, volveu a París e ingresou no Instituto Pasteur, onde realizou a maior parte da súa obra científica. Alí creou o departamento de bioquímica, e foi director do Instituto entre 1971 e 1976.
Así mesmo o ano 1954 foi nomeado profesor de química na Sorbona.
Pioneiro da xenética molecular, foi galardoado en 1965, xunto con André Michel Lwoff e François Jacob, co Premio Nobel en Medicina ou Fisioloxía polos seus descubrimentos relativos ao control xenético dos enzimas e á síntese dos virus.
Foi autor, entre outros libros, dun best-séller no campo da divulgación científica: O azar e a necesidade (1970).
Monod, xunto con Jacob, descubriu o sistema operón lac, o cal controla a expresión de variados xenes en bacterias. Este sistema brindou o primeiro exemplo dun mecanismo de regulación transcricional. Tamén suxeriu a existencia de moléculas de ARN mensaxeiro, que codifican a información codificada no ADN e as proteínas.
Monod e os seus colaboradores experimentaron cunha bacteria común, Escherichia coli, pero o concepto básico descuberto é aplicábel para todos os organismos vivos. Despois, a comunidade científica descubriría moitos outros operóns.
A idea clave é que E. coli non gasta enerxía fabricando enzimas se non ten a necesidade de metabolizar a lactosa, dado que outros azucres como a glicosa están presentes. Este concepto denomínase regulación xenética negativa.
Foi condecorado coa Cruz de Guerra polos seus servizos na Resistencia francesa durante a segunda guerra mundial, na que estivo prisioneiro no campo de concentración de Miranda de Ebro.
Outros recoñecementos Na súa honra denominouse Monod a un asteroide descuberto o 24 de marzo de 1999 polo astrónomo Matteo M. M. Santangelo.
Algunhas publicacións Le hasard et la nécessité, éssai sur la philosophie naturelle de la biologie moderne, París, Le Seuil, 1970.
Véxase tamén
Ligazóns externas Autobiografías de premios Nobel: Monod .
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Biólogos de Francia Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores do Collège de France