Manuel Lucas Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1917Entrada do persoeiro na Enciclopedia Galega Universal e outras fontes de prensa escrita e documentación administrativa. e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2014, foi un historiador e político galego.

Traxectoria Tras formase durante a infancia e adolescencia en centros educativos eclesiásticos, cursou Filosofía e Letras (sección Historia) na universidade compostelá entre 1942 e 1946 (en paralelo, estudou Maxisterio; en 1944 ingresou por oposición no Corpo de Maxisterio Nacional). Nese ano, 1946 graduouse con premio extraordinario. Especializouse en Paleografía e Diplomática, sempre na Universidade de Santiago de Compostela.

Postos de responsabilidade Foi director do colexio maior "Generalísimo Franco", secretario xeral da USC (1961-1968), vicerreitor (1968-1974) e reitor (1974-1975). Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela (1955-1961) e deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), tamén presidiu a Federación de Caixas de Aforro de Galicia (1965-1980) e foi vicepresidente de Caixa Galicia.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e do Instituto de Estudios Jacobeos. Tamén formou parte do consello asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Premios e recoñecementos Recibiu a encomenda con placa da orde civil de Afonso X o Sabio e a Medalla Castelao (2004).

Obras El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza, 1951. La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro, 1958. El archivo del monasterio de San Pedro de Ramirás en la Edad Media, 1981. El Tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII). 1986. Santuarios marianos de Galicia: Historia, arte y tradiciones, 1995. El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media, 1996.

El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Santiago de Compostela, 1999. San Paio de Antealtares, Soandres y Toques: tres monasterios medievales gallegos, 2001. 72 544x376

Notas

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega