Rafael Sarandeses Pérez, nado en Lugo en 1912 e finado en Madrid o 25 de outubro de 1965,Necrolóxica en El Progreso, 27-10-1965, p. 2. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do médico Rafael Sarandeses Álvarez. Licenciado en Dereito. Na guerra civil foi subxefe da Bandeira Regional de Falange de Lugo coa que actuou en varias frontes. Inspector técnico fiscal do Estado. Foi Delegado provincial do Propaganda de FET y de las JONS de Ourense en 1940,La Región, 25-1-1940, p. 2. e secretario provincial do Movemento de Ourense.El Progreso, 2-4-1950, p. 4. Foi presidente da Deputación de Lugo entre 1951 e outubro de 1955. Foi procurador en Cortes. Despois foi Inspector do Timbre.

Vida persoal

Casou con María Luisa Astray-Caneda Casar e foi pai de Rafael, Santiago, Luis e María José Sarandeses Astray-Caneda.

Notas

Categoría:Avogados de Lugo Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1965