Rodrigo de la Peña García, nado cara a 1871 e finado en Lugo o 6 de outubro de 1962, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Militou no Partido Liberal e amigo de Benigno Quiroga Ballesteros. Foi alcalde de Lugo (1906-1909), deputado provincial (1913-1918, 1934), vicepresidente da Unión Patriótica de Lugo (1926), Vicepresidente da Deputación de Lugo (1925-1927). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser alcalde de Lugo do 6 de decembro de 1937 ao 7 de febreiro de 1938. Finou en Lugo o 6 de outubro de 1962.Necrolóxica en El Progreso, 7-10-1962, p. 7.
Vida persoal
Casou con Aurora Álvarez Rodríguez e foi pai de Rodrigo de la Peña Álvarez. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1962