Antonio Eiras Roel, nado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1931 e finado o 20 de abril de 2017, foi un historiador galego, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela durante corenta anos e Cronista Xeral de Galicia.

Traxectoria Nado na Arxentina, fillo de emigrantes galegos, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e foi doutor pola Universidade Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na USC e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (1969). Dedicouse ao estudo da historia política do século XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional.

Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Foi membro da Société d’Histoire Moderne de París, da Association Française des Historiens Economistes (1974-2000), da Société de Démographie Historique de París (1975-2000), da Real Academia da Historia e membro fundador da Asociación Española de Historia Moderna, que presidiu entre 1988 e 1991.

Obras El partido demócrata español, RIALP, 1961 Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna, Tórculo Edicións, 1990. ISBN 84-86728-56-8 Los gallegos y América, xunto con Ofelia Rey Castelao, Fundación MAPFRE, 1992. ISBN 84-7100-540-9 I Conferencia Europea de la Comisión Internacional de Demografía Histórica, xunto con Ofelia Rey Castelao (dir. congr.), Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 1994. ISBN 84-605-3434-0 La población de Galicia, 1700-1860: crecimiento, distribución espacial y estructura de la población de Galicia en los siglos XVIII y XIX, Santiago de Compostela: Fundación CaixaGalicia, D.L. 1996. ISBN 84-89231-30-3 Como director ou coordinador Metodología de la historia moderna: economía y demografía, 1975. La historia social de Galicia en sus fuentes de protocolos, 1981. Actas de las Juntas del Reino de Galicia (2 vol.), 1995-1999. El reino de Galicia en la monarquía de Felipe II, 1998. El Reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V, 2000.

Premios Premio Antonio López Ferreiro de Investigación (2000).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Obradoiro de historia moderna: homenaje al profesor Antonio Eiras Roel en el XXV aniversario de su cátedra, Baudilio Barreiro Mallón, USC, 1990, 323 páx. Artigo EIRAS ROEL, Antonio na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Artigo EIRAS ROEL, Antonio na Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.

Ligazóns externas na EDUGA, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Finados en 2017 Categoría:Cronistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela