Augusto Pérez Alberti, nado en Tortosa o 18 de novembro de 1947, é un xeógrafo galego.
Traxectoria miniatura|A Xeografía, BBdCG. Fillo de galegos, é catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Investiga sobre a xeomorfoloxía glacial e periglacial, a xeomorfoloxía costeira, a climatoloxía, a paleoclimatoloxía e a cartografía dixital. É membro da Asociación de Geógrafos Españoles e da Sociedad Española de Geomorfología, e foi fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega de Xeografía. Foi premio Trasalba en 2002.
Obras Selección: Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego, 1979. Xeografía de Galicia (director). Edicións Sálvora, 1982. ISBN 84-85779-12-6. Nuevas observaciones sobre el glaciarismo y periglaciarismo del NO de la Península Ibérica: La Galicia Suroriental, 1982. A xeografía, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1986. . Atlas climático de Galicia, 1999 (coord.) Teceláns. Viaxes (2002)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externa Galicia Letra a Letra 2012, Televisión de Galicia, en YouTube.
Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio Trasalba Categoría:Nados en Tortosa Categoría:Nados en 1947 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega