María Jesús Souto Blanco, nada en Lugo o 13 de maio de 1964, é unha historiadora galega.

Traxectoria Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e doutorada en Historia Contemporánea (1997). Foi profesora asociada na Universidade de Angers (1989-1990), profesora no programa de doutoramento Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela (1999-2000), bolseira colaboradora do proxecto da Universidade de Santiago (1993-1995). Colaborou no proxecto da USC "As elites políticas na Galicia urbana no primeiro terzo do século XX" (1996-1998) e no proxecto "Elites, representación política e redes clientelares na Galicia do primeiro terzo do século XX" (1999-2001).

Obras La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940), 1998. Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). La corrupción y la lucha por el poder, 1999.

Artigos "La Universidad de Santiago de Compostela, 1857-1936" en Revista Galega do Ensino, número 2, maio, 1996. "Proceso Vega Barrera. Consejo de Guerra y antecedentes", en Unión Libre nº 2, 1997. "Lugo entre 1900 y 1940" en Libro de Oro de Lugo, 1998.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela