David Bellos é un tradutor e biógrafo inglés.

Traxectoria Dá clases de literatura francesa e literatura comparada na Universidade de PrincetonDavid Bellos, na web da Universidade de Princeton .. Nesa mesma universidade dirixe o programa universitario de Tradución e Comunicación Intercultural.

Traduciu obras de Honoré de Balzac, Georges Ifrah, Hélène Berr, Romain Gary, Fred Vargas e Georges Perec, incluída a súa novela La Vie mode d'emploi. Malia non falar lingua albanesa, gañou o primeiro Premio Internacional Man Booker de tradución en 2005 pola súa versión das obras do autor albanés Ismail Kadare, feita a partir das edicións previas francesas"The Englishing of Ismail Kadare" por David Bellos, complete review Quarterly, vol. VI, issue 2 – Maio de 2005 ..

Bellos escribiu varias biografías literarias e unha introdución aos estudos da tradución, Is That a Fish in Your Ear? Translation and The Meaning of Everything (2011)Is That A Fish In Your Ear?: Translation and the Meaning of Everything , na web da editorial Janklow & Nesbit ..

Aparece no filme The Magnificent Tati, un documental sobre o director Jacques Tati..

Obra Balzac Criticism in France, 1850–1900. The Making of a Reputation. Oxford, 1976 Honoré de Balzac: Old Goriot (Landmarks of World Literature). Cambridge: Cambridge University Press, 1987. ISBN 0-521-31634-0. Georges Perec. A Life in Words, 1993. (Prix Goncourt de la biographie). Jacques Tati. His Life and Art, 1999. Romain Gary. A Tall Story, Harvill Secker, 2010 Is That a Fish in Your Ear? Translation and the Meaning of Everything, 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "I, Translator" artigo en The New York Times, 20 de marzo de 2010.

Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Tradutores do francés Categoría:Escritores de Inglaterra