James Joseph Gandolfini Jr., nado o 18 de setembro de 1961 en Westwood (Nova Jersey) e finado o 19 de xuño de 2013 en Roma (Italia), foi un actor estadounidense, máis coñecido polo seu papel de Tony Soprano, un xefe da mafia italoamericano na serie da HBO The Sopranos. Foi amplamente aclamado pola súa interpretación, gañando tres premios Emmy, tres premios do Sindicato de Actores e un Globo de Ouro.
Entre os seus papeis máis notables, salientan Virgil en True Romance (1993), o tenente Bobby Dougherty en Crimson Tide (1995) e o alcalde de Nova York en The Taking of Pelham 123 (2009). Outros papeis de sona foron o de Bear en Get Shorty (1995) e o impulsivo "Wild Thing" Carol en Onde viven os monstros (2009). Pola súa interpretación do papel de Albert en Enough Said (2013), Gandolfini recibiu postumamente moi boas críticas e numerosos galardóns, incluíndo un nomeamento ó premio do Sindicato de Actores e un premio da Sociedade de Críticos de Cinema de Boston ó mellor actor secundario.
En 2007, Gandolfini produciu Alive Day Memories: Home from Iraq, un documental no cal entrevista a veteranos feridos da guerra de Iraq, e en 2010, Wartorn: 1861–2010, unha ollada ó trastorno por estrés postraumático nos soldados e familias ó longo das diversas guerras na historia dos Estados Unidos, dende 1861 até 2010.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Rutgers Categoría:Nados no condado de Bergen, Nova Jersey Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana