O estreito de Singapur (en chinés: 新加坡海峡, Xīnjiāpō Hǎixiá; en inglés: Singapore Strait ou Straits of Singapore; en malaio: Selat Singapur), é un longo estreito mariño do sueste asiático localizado no extremo meridional da península malaia, entre a illa de Singapur, ao norte, e varias das illas do arquipélago de Riau, pertencentes a Indonesia, ao sur.

Xeografía O estreito de Singapur é unha vía navegable de augas profundas que conecta o sur do mar da China Meridional, ao leste, co estreito de Malaca, ao oeste, unha ruta obrigada para todo o tráfico marítimo que vincula o océano Pacífico e o océano Índico, polo que é unha zona de altísima densidade de navegación, xa que proporciona o paso ás augas profundas do porto de Singapur. Ten unha lonxitude de 105 km de leste a oeste e 16 km de norte a sur, e nel atópanse moitas pequenas illas.

A fronteira de Indonesia e Singapur atópase ao longo dos estreitos. Na súa beira norte atópase o porto de Singapur (Keppel Harbour) un dos maiores do mundo en canto a volume de carga movida anualmente. O estreito bifúrcase cara ao sur nos estreitos de Durian e Riau, que atravesan as illas Riau, de Indonesia. O estreito de Johor separa a illa de Singapur da península de Malaisia. A profundidade do estreito de Singapur define o calado máximo dos buques que pasan polo estreito de Malaca, e a clase de buques Malaccamax. O faro Horsburgh, instalado na illa Pulau Batu, serve de recalada para cando se chega desde o leste ou o norte

Delimitación da IHO

A máis alta autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional (International Hydrographic Organization, IHO), considera o estreito de Singapur como un dos seus mares, que forma parte do conxunto de "estreitos de Malaca e Singapur". Na súa publicación de referencia mundial, "Limits of oceans and seas" (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 46b e defíneo da forma seguinte:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Estreito de Johor

Categoría:Xeografía de Asia Categoría:Xeografía de Singapur Categoría:Xeografía de Indonesia