Óscar Pereiro Carril, nado en Viladavil (Arzúa) en 1991, é un nadador galego.

Traxectoria Campión e recordman de Galicia en varias especialidades e distancias, en 2012 proclamouse campión de España en 50m e 100m costas. Participou nos Xogos do Mediterráneo de Mersin (Turquía) en 2013, onde quedou cuarto no 4x100 libres e nos 50m costas.

Estuda enxeñería informática na Universidade de Bridgeport en Connecticut e compite co Club Natación Arzúa e co equipo da Universidade de Bridgeport.

Véxase tamén Ligazóns externas "A vida dun nadador, en termos económicos, é moi difícil", entrevista en Praza pública (2013).

Categoría:Nadadores de Galicia Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Enxeñeiros informáticos