Álvaro de Cadaval, tamén coñecido como Álvaro Cadaval Valladares de Soutomaior (ou Sotomayor), nado en Tui en 1505 e finado en Santiago de Compostela en 1575, foi un humanista galego, poeta, latinista e helenista. En ocasións asinaba os seus escritos tamén como Cadavalo Gravio. Ramón Otero Pedrayo considerouno o mellor representante do Renacemento en Galiza.Guía de Galicia, Editorial Galaxia, 1980, pg. 286.

Traxectoria Entre 1542 e 1545 ocupou o cargo de primeiro catedrático de gramática da Universidade de Santiago de Compostela.Díaz y Díaz, Manuel Cecilio (1996): "Álvaro de Cadaval, primer latinista de la Universidade de Santiago: unas notas". Cuadernos de estudios Gallegos, Tomo XLIII, Nº 1808, pp. 346-347. Non se saben os motivos polos que tivo que abandonar a cátedra, pero deixou escrito que fuxía de furibundos inimigos. En 1550 abriu unha escola de latín en Ourense, que mantivo activa de forma continuada entre 1559 e 1563.

En 1563 marchou a Portugal, protexido polo bispo de Porto Rodrigo Pinheiro e pola corte de Lisboa, no reinado de Sebastián I de Portugal. Mantivo unha escola en Viana do Castelo e estivo vinculado á Universidade de Coímbra. Ocasionalmente volvía a Santiago de Compostela, polo que está considerado como unha especie de embaixador literario entre Galicia e PortugalTítulo do artigo de García-Oro. Citado en Ferran Grau Codina, La Universitat de València i l'humanisme, Universitat de València, 2003 ISBN 84-370-5544-X, pg. 741-742. Cita como fonte principal a Díaz y Díaz, op. cit..

En 1565 foi acusado de herexía pola Inquisición de Lisboa, e logo duns meses preso foi liberado en 1566. En 1570 opositou por segunda vez na universidade compostelá, gañando a Cátedra de Medianos, que exerceu até 1573, cando se viu obrigado a abandonala por razóns de saúdeGrau, op. cit..

Morreu bastante pobre. Consérvase un inventario testamentario dos seus bens feito o 7 de marzo de 1575, que inclúe Catorze cucharas de palo y una escobilla vieja. Un pedaço de una red de pescar. Iten una espada. Unos çapatos de nino, amais de varios libros, entre os que se encontraban textos de Ovidio, Platón, Tito Livio e Homero en latín e grego... tuvo sus ínfulas de bien relacionado con la nobleza; parece que murió loco, bastante pobre. Manuel Díaz y Díaz, "Álvaro de Cadaval, primer latinista de la Universidad de Santiago", Cuadernos de estudios gallegos 43, n. 108 (1996), p. 323-359. Fonte citada en "Inscripción de Fonseca", artigo no blog Compostela..

Obras dereita|miniatura|200px|Claustro do Pazo de Fonseca.

De magno atque universalle cathaclismo, ou Ichthyotyrannis (1563-1565), poema en hexámetros sobre o diluvio, que mestura en relato da Xénese coas Metamorphoseon de Ovidio (episodio de Deucalión). Pythiographia, éfílion alongado sobre a metamorfose de Pitis en piñeiro, imitando a de Dafne nas Metamorfoses de Ovidio. Comentario á Arte de Elio Antonio de Nebrija. Apotheosis (1565), miscelánea de prosa e verso.

Inscrición No Pazo de Fonseca, actualmente ocupado polo reitorado da USC, hai unha inscrición epigráfica latina de 1544 asinada por el:

Notas

Categoría:Personalidades do humanismo Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1505 Categoría:Finados en 1575 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela