Pilar Bendoiro Mariño, nada en Lalín, é unha filóloga galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Inglesa e Diplomada en Mestre, Especialidade en Lingua Estranxeira, Inglés, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Estudante de doutoramento elaborando a tese doutoral sobre a tradución de literatura infantil e xuvenil do inglés ao galego, inscrita na Universidade de Santiago de Compostela, onde ademais é membro do Grupo de Investigación LITER21 Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde forma parte do equipo de redacción do proxecto de Investigación Informes de Literatura. Membro da Asociación Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ) e da Rede temática de investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI).

Tras diversos anos de experiencia docente, na actualidade imparte clases de Lingua Española en Educación Primaria en Carolina do Norte, Estados Unidos de América. É autora de artigos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega e literatura infantil e xuvenil traducida, ademais de participación en obras colectivas e traducións.

Obra Traducións La pequeña coronel, de Annie Fellows Johnston, 2013, Hércules de Edicións.

Obras colectivas A Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño, 2010, Xunta de Galicia.AELG Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, 2010, Xunta de Galicia. II Xornada da Crítica Galega. A Crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil, 2011, AELG. Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lalín Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes