Anthony Harris Bennett, nado o 14 de marzo de 1993 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Hsinchu JKO Lioneers.

Traxectoria O 27 de xuño de 2013, Bennett foi elixido na 1ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Cleveland Cavaliers. Na súa tempada coma rookie foi cualificado coma unha das peores primeiras eleccións do Draft dos derradeiros anos.Ford: Anthony Bennett Looking Like Worst No. 1 Overall Pick In 20 Years

O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Cavaliers, os Minnesota Timberwolves e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Bennett e Andrew Wiggins foron traspasados ós Timberwolves, xunto a Thaddeus Young dos Sixers. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os 76ers recibiron a Luc Mbah a Moute e Alexey Shved de Minnesota e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland. O 19 de outubro de 2014, decidiron ampliar o contrato de Bennett ata a tempada 2015-16.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en UNLV Perfil en ESPN.com Perfil en Rivals.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Cangrejeros de Santurce Categoría:Xogadores do Hapoel Jerusalem BC Categoría:Canadenses de ascendencia xamaicana