miniatura|left|Plantación de sorgo en Zimbabwe. A economía de Zimbabwe era unha das máis fortes de África, pero deteriorouse enormemente a partir da toma do poder por Robert Mugabe. Nos últimos anos o desemprego chegou ao 94% e a inflación atinxiu o 100.000%, a maior do mundo, seguido polo 40% de Birmania.
A economía do país volveu crecer a pesar de continuar a incerteza política. Despois dunha década de recesión, entre 1998 e 2008 Zimbabwe rexistrou un crecemento de máis de 9% ao ano entre o 2010 e o 2011, antes de caer para 5% o 2012, parte debido ás malas colleitas e ás baixos ingresos coa exportación de diamante.
O país ten reservas de cromita, carbón, asbesto, cobre, níquel, ouro, ferro e platino. Con todo, os problemas políticos e a maior taxa de Sida do mundo obstaculizan o seu progreso. As políticas de Mugabe en materia de reforma agraria trouxeron consigo axitacións internas, desprazamentos da poboación, unha inflación desorbitada e a incapacidade do país para abastecer á súa poboación. A pesar da hiperinflación ter sido controlada, o goberno do país aínda enfronta difíciles problemas económicos, tales como as deficiencias na infraestrutura e nas regulacións, tensións raciais, incerteza política, unha grande débeda externa e insuficientes empregos formais para a poboación.
Notas