Rosendo Vila Fernández, nado en Ribas Pequenas (Bóveda) en 1886 e finado en Monforte de Lemos o 7 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba onde foi director da revista mercantil Caduceo.Ficha na Biblioteca Nacional de Cuba Casou en Alacant con Mercedes Torregrosa Lluch en 1921.Noticia en ABC Ao regreso instalouse en Monforte de Lemos. Membro do Partido Republicano Radical, colaborou en El Combate. Despois militou en Unión Republicana. Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en febreiro de 1935, deixou a alcaldía o 17 de xullo dese ano por ter que ausentarse de Monforte por un tempo. Enfrontouse con Andrés Gil Municio, líder do dereitista Partido Agrario Español. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado por un grupo de falanxistas encabezado polo presidente do Sindicato Agrario de Monforte, o 7 de setembro de 1936, na súa casa de Vilanova, en presenza da súa muller e filla.Reconstruyen el asesinato del alcalde monfortino Rosendo Vila en 1936 Logo da súa morte a súa muller e a súa filla abandonaron Monforte e establecéronse en Alacant.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes del siglo XX en Monforte (1933-1936) Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas de Bóveda Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bóveda Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936