A Voz do País foi un semanario editado en Monforte de Lemos en 1912.

Historia e características Subtitulado Semanario Rexionalista, apareceu o 7 de abril de 1912. Foi órgano de Solidaridad Gallega. Publicación bilingüe, pero escrita principalmente en galego. Dirixido por Victoriano Rodríguez Gómez. Incluíu colaboracións literarias como os contos de Manuel Lugrís Freire e poemas de Alfredo Brañas, Eduardo Pondal e Uxío Carré Aldao. O último número coñecido é o 19, correspondente ao 11 de agosto dese ano.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:1912 en Galicia