José Carlos Lariño Fernández, nado en Pontevedra o 27 de outubro de 1941 e finado o 31 de decembro de 2020,José Carlos Lariño: el defensa de los tres ascensos foi un futbolista galego. Xogaba de defensa.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol aos 14 anos no Salcedo da súa cidade natal, Pontevedra. Despois de destacar nos xuvenís e no primeiro equipo, e de xogar varias veces coa selección galega xuvenil, fichou polo Deportivo da Coruña en marzo de 1960. Xogou cedido no Xuvenil de Terceira División os derradeiros partidos da tempada 1959/60, para tentar salvar a categoría, mais sen éxito.
Na tempada 1960/61 foi suplente no Deportivo, club co que debutou en partido oficial na tempada seguinte, o 24 de setembro de 1961, nun derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos correspondente ao campionato de Segunda División. Xogou un total de 24 encontros esa campaña, na que o club coruñés se proclamou campión de Segunda e ascendeu a Primeira División.
Para a tempada 1962/63 saíu cedido ao Sporting de Gijón, de Segunda, onde xogou 19 partidos, tendo como compañeiros habituais na defensa a Florín e a Puente. Regresou á Coruña na parte final da tempada, debutando co equipo galego na máxima categoría da man do adestrador Lelé, na xornada 27, nun encontro en Riazor contra o Real Oviedo que rematou con vitoria deportivista (2–1). Ese ano o club coruñés descendeu a Segunda.
Militou no Deportivo catro tempadas máis, pero a chegada de Campanal e Gatell na última delas pechoulle a porta da titularidade, polo que deixou o club no verán de 1967. Fichou entón polo Valladolid, co que xogou dous anos na Segunda División, antes de regresar a Galicia para xogar no Ourense, da mesma división. O equipo ourensán descendeu esa tempada, e en outubro de 1970, Lariño anunciou a súa retirada do fútbol, aos 28 anos de idade.
Foi pai do médico do Deportivo da Coruña, Carlos Lariño. Faleceu o derradeiro día de 2020, con 79 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Xuvenil Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Ourense