Rodrigo Martínez Morilla, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1943 e finado o 8 de agosto de 2021, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Comezou a súa carreira en 1965 no Rayo Vallecano, onde xogou ata 1966. A partir de aí pasou ao CD Tenerife ata 1967. Ese ano fichou polo Deportivo da Coruña ata 1970, en que pasou ao CD Puertollano. Ese mesmo ano regresou ao Deportivo da Coruña, onde finalmente se retirou en 1971.
Faleceu o 8 de agosto de 2021 vítima dun cancro aos setenta e oito anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Puertollano Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano