O Gran Premio de Alemaña de 2013 foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 7 de xullo de 2013, en Nürburgring, Nürburg, Alemaña. Foi a novena carreira da tempada .

Antecedentes Pneumáticos A raíz de que no Gran Premio de Gran Bretaña, catro pilotos sufriron rebentóns nalgúns dos puntos máis rápidos do Circuíto de Silverstone, o provedor de pneumáticos Pirelli anunciou plans para alterar a estrutura dos pneumáticos para o Gran Premio de Alemaña, provisionalmente antes doutra solución máis permanente que se introducira na próxima carreira en Hungría. Os novos pneumáticos substitúen os cintos de aceiro utilizados nas rodas traseiras por Kevlar co fin de reducir a temperatura de uso ata 10 °C. E reducir a probabilidade rebentóns. Ademais disto, a Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) prohibiu a práctica do intercambio do pneumático esquerdo ao lado dereito, que os equipos facían para aumentar a esperanza de vida de cada pneumático. Pirelli premeu aínda máis á FIA para facer valer as súas recomendacións para as presións dos pneumáticos e a configuración da caída que se fixo obrigatoria, cando se descubriu que os equipos usaron deliberadamente a presión e a configuración da caída fóra das recomendacións de Pirelli co fin de maximizar o rendemento. Isto sucedeu nun incidente similar no Gran Premio de Bélxica de 2011, onde os equipos utilizaronn axustes na caída fóra das recomendacións de Pirelli, que crearon ampolas no bordo interior dos pneumáticos, xa que experimentaron temperaturas operativas máis altas do normal.

Clasificación Q1

Felipe Massa foi o piloto máis rápido na Q1, por diante do Lotus de Kimi Räikkönen. Os pilotos eliminados na Q1, foron Valtteri Bottas, Pastor Maldonado, Charles Pic, Jules Bianchi, Giedo van der Garde e Max Chilton . Q2

A sesión foi infrecuente ao final, con Nico Rosberg eliminado debido a un erro por parte do equipo Mercedes. Felipe Massa foi o máis rápido de novo por diante de Kimi Räikkönen tamén de novo. Jean-Eric Vergne foi eliminado, así como Adrian Sutil, Esteban Gutiérrez, Sergio Pérez Mendoza e Paul di Resta, nunha cualificación decepcionante para o equipo Force India.

Q3

Lewis Hamilton logrou a pole position por diante de Sebastian Vettel e Mark Webber. Webber perdeu tempo na última curva debido a un movemento lento de Fernando Alonso. Alonso clasificou oitavo detrás do seu compañeiro de equipo Felipe Massa. Kimi Räikkönen e Romain Grosjean foron cuarto e quinto clasificado. Daniel Ricciardo fixo unha excelente carreira para cualificar na terceira fila por segunda carreira consecutiva. Jenson Button e Nico Hülkenberg optado por non establecer un tempo, para salvar os seus pneumáticos para a carreira.

Carreira

Webber tivo un grave incidente co seu pneumático traseiro dereito. O mecánico non a colocou de xeito adecuado, e a roda saíu disparada, golpeando a un cámara nas súas costas. Foi trasladado a un hospital en Koblenz, onde se informou que tiña uns cantos ósos rotos, e unha conmoción cerebral. Logo empuxaron o Red Bull de Webber de novo no seu pitbox, fixeron a súa nova roda e saíu, unha volta por detrás de Vettel. Na volta 23, o Marussia de Jules Bianchi tivo unha falla no motor. Isto provocou a saída do coche de seguridade, o que axudou a Webber volver a loita pola carreira.

Vettel logrou a vitoria. Foi a súa primeira vitoria na casa da súa carreira, tamén foi a 30ª vitoria da súa carreira, converténdose no sexto piloto en lograr tal fazaña. Kimi terminou só 1 segundo por detrás, con Grosjean apenas mantendo baixo control a Alonso no 3º lugar. Hamilton, Button, Webber e Pérez foron quinto, sexto, sétimo e oitavo respectivamente. Rosberg, terminou noveno na súa carreira en casa, mentres que Nico Hülkenberg logrou o punto final para Sauber.

Logo da carreira Red Bull e Force India recibiron multas por incidentes nos boxes.

Cualificación Pos.NºPilotoEquipoQ 1Q 2Q 3Grella 1 10 Lewis Hamilton Mercedes 1:31.131 1:30.152 1:29.398 1 2 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:31.269 1:29.992 1:29.501 2 3 2 Mark Webber Red Bull-Renault 1:31.428 1:30.217 1:29.608 3 4 7 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:30.676 1:29.852 1:29.892 4 5 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:31.242 1:30.005 1:29.959 5 6 19 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:31.081 1:30.223 1:30.528 6 7 4 Felipe Massa Ferrari 1:30.547 1:29.825 1:31.126 7 8 3 Fernando Alonso Ferrari 1:30.709 1:29.962 1:31.209 8 9 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:31.322 1:30.326 Sen tempo 9 10 11 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:31.322 1:30.697 Sen tempo 10 11 9 Nico Rosberg Mercedes 1:31.322 1:30.326 11 12 14 Paul di Resta Force India-Mercedes 1:31.322 1:30.697 12 13 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:31.498 1:30.933 13 14 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:31.681 1:31.010 14 15 15 Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:31.320 1:31.010 15 16 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:31.629 1:31.104 16 17 17 Valtteri Bottas Williams-Renault 1:31.693 17 18 16 Pastor Maldonado Williams-Renault 1:31.707 18 19 20 Charles Pic Caterham-Renault 1:32.937 22 Charles Pic foi sancionado ca perda de 5 posicións por cambiar a súa caixa de cambios. 20 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:33.063 19 21 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:33.734 20 22 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 1:34.098 21 Tempo 107%: 1:36.885

Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 11 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 60 1:41.14.711 2 25 27 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 60 +1.0 4 183 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 60 +5.8 5 1543 Fernando Alonso Ferrari 60 +7.7 8 12510 Lewis Hamilton Mercedes 60 +26.9 1 1o6 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 60 +27.9 9 872 Mark Webber Red Bull-Renault 60 +37.5 3 68 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 60 +38.3 13 499 Nico Rosberg Mercedes 60 +46.8 11 21011 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 60 +49.8 10 11114 Paul di Resta Force India-Mercedes 60 +53.7 12 1219 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 60 +56.9 61315 Adrian Sutil Force India-Mercedes 60 +57.7 1514 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 60 +60.1 141516 Pastor Maldonado Williams-Renault 60 +61.9 181617 Valtteri Bottas Williams-Renault 59 +1 volta 1717 20 Charles Pic Caterham-Renault 59 +1 volta 2218 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 59 +1 volta 2019 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 59 +1 volta 21 Ret 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 22 +38 voltas 16 Hidráulicos Ret 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 21 +39 voltas 19 MotorRet4 Felipe Massa Ferrari 3 +57 voltas 7 Trompo Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Sebastian Vettel 157 10px 2 Fernando Alonso 123 10px 3 Kimi Raikkonen 116 10px 4 Lewis Hamilton 99 10px 5 Mark Webber 93

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Red Bull-Renault 250 10px 2 Mercedes 183 10px 3 Ferrari 180 10px 4 Lotus-Renault Sport F1 157 10px 5 Force India-Mercedes 59

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1