Xabier Montoia, nado o 24 de setembro de 1955 en Vitoria, Áraba, é un músico e escritor vasco. Tanto na súa faceta musical como na literaria, a súa lingua de expresión é o éuscaro.
Traxectoria A súa carreira musical iniciouse a comezos da década de 1980, cando formou o grupo Hertzainak. Abandonou o grupo antes de chegar a gravar álbum algún e coñeceu a Kaki Arkarazo, con quen fundou M-ak, unha banda considerada de culto no País Vasco hoxe en día. Co grupo gravou un total de cinco álbums. M-ak disolveuse en 1991. En 1995 publicou o seu primeiro álbum en solitario Beti Oporretan.
A súa traxectoria literaria comezou tamén en 1983, ano no que publica o seu primeiro poemario Anfetamiña.
Discografía M-ak M-ak (IZ, 1983) Emeak, eta Arrak (Nuevos Medios, 1986) Zuloa (IZ, 1987) Barkatu Ama (IZ, 1989) Gor (Zarata, 1990)
Álbums en solitario Beti Oporretan (Esan Ozenki, 1995). Hemen (Esan Ozenki, 1997). Lagunak, Adiskideak... Eta Beste Hainbat Etsai (Esan Ozenki, 1999). Ni ez naiz Xabier Montoia (Metak, 2002). Montoiaren Mundu Miresgarria (Bidehuts, 2011).
Obra literaria Narrativa Emakume biboteduna (Susa, 1992) Gasteizko hondartzak (Susa, 1997) Baina bihotzak dio (Elkar, 2002) Euskal Hiria sutan (Elkar, 2006) Fucking Artists (Elkar, 2010) Crónica social Plastikozko loreak erregearentzat (Susa, 1998)Novelas Non dago Stalin? (Susa, 1991) Hezur gabeko hilak (Susa, 1999) Denboraren izerdia (Elkar, 2003) Blackout (Susa, 2004) Elektrika (Susa, 2004) Golgota (Elkar, 2008)Poesía Anfetamiña (Susa, 1983) Likantropo (Susa, 1985) Narraztien mintzoa (Susa, 1988) XX. mendeko poesia kaierak - Xabier Montoia (Susa, 2000) Bingo (poemak 1981-2000) (Pamiela, 2005)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre Xabier Montoia na web de Metak
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Músicos do País Vasco