Ikechi Anya, nado o 3 de xaneiro de 1988 en Glasgow, é un futbolista escocés que xoga de centrocampista para o Derby County FC do Football League Championship.

Traxectoria Formouse nas categoría inferiores do club inglés Oxford City, en 2004 ficha polo Wycombe Wanderers onde militan ata 2007, cando volve a Oxford. Tras breves pasos polo Halesowen Town e o Northampton Town no ano 2009 ficha polo Sevilla Atlético, por aquel entón en Segunda División B.

Ao ano seguinte ficha por outro filial, o Celta de Vigo B, facendo moi bo ano ao anotar oito tantos, porén non atopa un sitio no primeiro equipo, co que so disputa un encontro, e o club decide traspasalo ao Granada CF. No equipo andaluz non atopa continuidade e é cedido primeiro ao Cádiz CF e despois ao Watford F.C..

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Futbolistas de Escocia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Wycombe Wanderers FC Categoría:Xogadores do Oxford City FC Categoría:Xogadores do Halesowen Town FC Categoría:Xogadores do Northampton Town FC Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Watford FC Categoría:Xogadores do Derby County FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Escocia