A queiroga maiorNome vulgar galego preferido en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 (Daboecia cantabrica) é unha especie da familia das Ericáceas común nos montes galegos. Recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce. miniatura|240px|Queiroga maior no seu hábitat

Descrición Gamallo de até 50 cm con talos inclinados, incluso deitados; pólas ergueitas, vilosas e glandulares nos extremos. Follas alternas, perennes, pequenas (1 cm), enteiras, coriáceas, ovaladas ou lanceoladas, abrancazadas polo envés. Flores reunidas en acios terminais frouxos e alongados, purpúreas ou violáceas e pendurantes. Corola globoso-alongada, con lóbulos curtos e revirados. Ten oito estames. Ao frutificaren perden a corola.Ángel Penas et alii (1991): Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid, Ámbito. ISBN 84-86770-40-8 O froito é unha cápsula.

Hábitat Uceiras e toxeiras,frecuentemente en terreos rochosos, mesturado con queiroas e especies coma Erica cinerea e Ulex gallii. Medra en solos acedos sobre cuarcitas, micas e xistos, evitando turbas; entre o nivel do mar e os 580 mhttp://www.brc.ac.uk/plantatlas/index.php?q=plant/daboecia-cantabrica.

Distribución Esténdese pola Europa atlántica, sendo abundante no oeste de Irlanda, naturalizándose nalgunhas zonas da Gran Bretaña. É abundante no norte da Península Ibérica, especialmente en Asturias, Cantabria, Castela e León e País Vasco. A daboecia é común nos bosques e prados de Galiza.

Taxonomía Daboecia cantabrica foi descrita por (Huds.) K.Koch e publicado en Dendrologie 2(1): 132. 1872. Citoloxía Número de cromosomas de Daboecia cantabrica (Fam. Ericaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24Números cromosómicos para la flora española. 815-830. Números 819-830 López Pacheco, M.J. & al. (2004) Lagascalia 24: 177-182

Sinonimia Andromeda daboecia L. Andromeda montana Salisb. Boretta cantabrica (K.Koch) Kuntze Boretta daboecia (L.) Baill. Daboecia daboecia (L.) Dörfl. Daboecia polifolia D.Don Daboecia polifolia var. alba Sweet Erica cantabrica Collinson Erica dabici Crantz Erica daboecii L. Menziesia daboeci DC. Menziesia minor Hoffmanns. Menziesia polifolia Juss. Vaccinium cantabricum Huds. en PlantList

Nome común En galego recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce. En lingua castelá chámanlle brezo vizcaíno ou brezo de san Dabeoz; en lingua inglesa recibe o nome de irish heath ou saint Dabeoc's heathEn Buscatermos da Universidade de Santiago de Compostela - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15521961.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Daboecia Categoría:Arbustos de Galicia