Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia o 13 de decembro de 1903 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fillo de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Participación en mitins no rural acompañando a Felisindo Álvarez Xesteira en diferentes intervencións en parroquias do Carballiño. Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un comité comunista."Detención de un comité comunista" ABC, 24/10/1934.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Foi detido e paseado con Julio González Álvarez, Silvio Torres Díaz e Eloy Romero Luis en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936.
A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Amadeo, Eloy, Julio e Silvio (Poza das Ras, 29.08.1936) Amadeo López Bello e a revolución pedagóxica
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Carballeda de Avia
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936