Mariano Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) en 1873 e finado en Angoares en 1940, foi un sacerdote e escritor galego
Traxectoria Ordenouse sacerdote en Tui, onde foi director, profesor e secretario de estudos do Seminario. Despois foi cura ecónomo do Porriño e de Cristiñade, e finalmente párroco de San Pedro de Angoares, onde estivo 33 anos ata a súa morte. Escribiu un estudo histórico sobre Ponteareas e unha serie de poemas que publicou en La Voz del Condado, La Integridad, El Tea e Galicia Social.
Obra Puenteareas : Datos históricos, notas y apuntes para el estudio de la etimología de los nombres de las parroquias, barrios y otros lugares del distrito. Soaces d'un abade, 1947.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Mariano Piñeiro Groba "O cura de Angoares"
Categoría: Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría: Nados en Ponteareas Categoría: Nados en 1873 Categoría: Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público